Por que o tango?

 

... hay culturas hegemónicas, dominadoras, que intentan presentarse como las únicas legítimas. La clase dominante, afirmaban, al tener el control sobre los medios de producción material, consigue controlar los medios de producción simbólica o mental. La cultura de la clase dominante se presenta como la Cultura (con mayúscula). Esto, no obstante, no implica la inexistencia de culturas dominadas alternativas a la cultura dominante. Para explicar la relación entre culturas dominantes y dominadas utilizan la noción de hegemonía, tomada de Antonio Gramsci, “para referirse al momento cuando la clase dominante es capaz no solo de ejercer coerción sobre una clase subordinada para que se amolde a sus intereses, sino de ejercer una ‘hegemonía’ o ‘autoridad social total’ sobre las clases subordinadas. Esto implica el ejercicio de una clase especial de poder —el poder de estructurar alternativas y de contener oportunidades, de ganar y delimitar el consenso, de tal forma que la concesión de legitimidad hacia las clases dominantes aparezca no solo como ‘espontánea’ sino natural y normal".

Recollo o fragmento do traballo de Antonio Martín Cabello, Dick Hebdige y el significado del estilo: Una revisión crítica, porque aporta as claves da aparición das subculturas ou actos de revolta social. Segundo o que viña dicindo onte, para min existiu dende sempre a necesidade de dar sentido á existencia dos rockers na cidade de Ferrol, como inicio do que sería unha sucesión de micronovelas relacionadas dalgunha maneira con esa subcultura. Xunto coa loita de clases, na que existe a confrontación entre a clase dominante, cultura hexemónica, e clase obreira, cultura subordinada, apareceron conflitos paralelos entre grupos con distinto grao de subornidación. Podemos integrar nesta última a loita feminista, na que a problemática da loita de clases sumábase, case como un segundo grao de subordinación, o patriarcado. Sen ánimo de realizar comparacións que, por outra parte, serían absurdas, dado carácter menos relevante das desviacións adolescentes, neste contexto de cultura hexemónica e subordinada é onde se sitúa a aparición das subculturas, como modo de contestación fronte a un canon que non respondía enteiramente ás expectativas marcadas pola mocidade. Mozos e mozas de clases populares que non desexaban verse reflectidos na existencia dos seus proxenitores, comezaron a buscar vías de escape a unha realidade determinista que os colocaba como dignos sucesores dos seus pais nas fábricas ou no fogar. No caso dos Teddy Boys, a mediados dos anos 50, os seus intereses reducíanse á xolda e á música, malia que os media acabaran establecendo unha relación directa do Teddy coa adolescencia violenta, o que non era máis que unha forma de catalogar a desviación resumindo unha realidade complexa para facela máis asumible polo dobre poder, pais/clase dominante, que debía censurar a actitude disipada da devandita desviación.

As subculturas proporcionaban, para os seus membros, un sentimento de pertenza e unha maneira, máxica, de situarse nunha existencia diferente a aquela na que se desenvolvían. Os referentes dos primeiros Teddy Boys, unha realidade distante e subxectivada, eran aqueles da música, rock & roll, e os filmes que definían a súa propia desviación, como exemplo temos Rebel withouta cause e The wild one.


No meu caso, xa auto definido como rocker, cheguei ao tango a comezos dos anos 90, da man dun psychobilly, cun disco que para min posúe certo carácter emblemático, Envido de Malevaje. Durante moito tempo, tiven que escoitar a pregunta de por que un rocker escoita tango. Debo dicir que, entre a masa que asumía aquela subcultura, había determinados individuos que absorbían grande cantidade de música de estilos moi diferentes. Aclarar tamén que, durante moito tempo, pensei que a música que me gustaba, case como un sentimento de inferioridade, non era reivindicable debido ás súas letras profundamente machistas e, en ocasións, reaccionarias. Co tempo, fun establecendo unha distancia consciente entre os ritmos e as letras menos tolerables. Dentro do contexto do grupo social, o que relataba o tango e o estilo rocker, en canto a valores e realidades, non era moi diferente. Dentro da loita de clases, ambos formaban parte da cultura subordinada, cun sentimento de soidade e de non pertenza, loitando contra o determinismo que os cinguía ao traballo desempeñado xa polos seus proxenitores, polo que procuraban unha saída alternativa. O rocker agochábase no grupo, na música e na diversión, no que respecta ao tango, un blues porteño, o refuxio era a tasca, o alcohol e as relacións tóxicas. Case poderiamos dicir que, malia as diferencias, compartían unha mesma esencia. Coido que foi por iso que non atopei incompatibilidades entre estes dous estilos a priori tan diferentes.


Comentários