
Lendo, despois de ver o filme, críticas sobre
A Girl Walks Home Alone At Night, da directora de orixe iraniana Ana Lily Amirpour, decátome do pouco valor que se
lle outorgan a determinados discursos. Un tal Alberto Abuín (apelido con forte
presenza na comarca do Barbanza e polas contornas concello de Lugo) ocórreselle
resaltar o seguinte: tiene una gran baza en su actriz
protagonista. Sheila Vand, a la que pudimos ver en su momento en Argo (id, Ben Affleck,
2012), hipnotiza con su sola presencia, en ella parecen reunirse físicamente
algunas de las actrices más guapas del cine, tanto de antes como de ahora.
Belleza clásica y moderna se dan la mano en su rostro, algo que le queda
perfecto a su rol de vampiro. Imposible no quedarse embobado mirando para ella. Non vou facer comentarios, coido que o tipo desacredítase el só. O que me
fai pensar en que, efectivamente, de nada serve ser un grande analista de cine cando
o que se pretende é ser, simplemente, un analista de cine, sen ter en conta que
en todo momento estamos a transmitir unha mensaxe profundamente política. Por
outra parte, temos ao tal Gerardo A. Cassadó que fala sobre as orixes da directora
e das sucesivas mudanzas na súa vida, nun ton que semella máis un demérito que
unha simple situación persoal na que ela, moi posiblemente, pouco tivo que ver:
La mera
idea de rodar una película de vampiros ambientada en Irán, en blanco y negro y
con una estética más propia del indie estadounidense que del cine de Oriente
Próximo, justifica de por sí el muy notable debut de Ana Lily Amirpour. Cierto
es que la directora nació en Gran Bretaña y reside en USA, que el film se rodó
en una ciudad petrolera del Sur de California y que el lugar en el que
transcurre la historia, Bad City, ni siquiera existe. De hecho, lo único que
tiene la película de iraní es su apropiación de una lengua y una iconología que
jamás pertenecieron al género, lo que provoca un choque
cultural entre el tradicionalismo islámico y la posmodernidad occidental muy
sugerente. Non podo evitar preguntarme se o señor
Cassadó resaltou que a tira cómica sobre Batman estaba ambientada nunha
cidade inexistente, ou se Sin City existía en verdade? Aínda que se
trate de ficción, semella que unha muller iraniana ten a obriga de falar dese tradicionalismo
islámico como se representase a esencia do pecado, atribuíndo un necesario
realismo a unha fita de ficción. É, por tanto, preocupante que se valore ese
dobre condicionante de muller islámica ou muller provinte dun país no que o
islamismo é a relixión maioritaria, pero educada en occidente, presupoñéndose que
este último feito fíxolle asumir os valores morais “correctos”. Por que o señor
Cassadó non resalta os valores ultra conservadores e cristiáns das películas
propaganda americanas? Evidentemente todo o que non sexa occidental e americano
vai contrastar coa filmografía dominante. Outra das críticas, neste caso a do
señor Salvador LLopart, fai referencia á mestura de estilos que se atopa no
filme do seguinte xeito: Película posmoderna. ¿O mejor decir pastiche? Neste caso, a interpretación, positiva ou negativa, que a persoa que se
achegue a esta crítica faga do que nela se di, depende da subxectivación do
significante pastiche. Con todo, o importante é, cantas obras
verdadeiramente orixinais e, polo tanto, sen inspiracións ou referencias a
outras anteriores, podemos nomear? É acaso este pastiche en particular un
plaxio?
Este A Girl Walks Home Alone At
Night revisita Rebel without a cause,
sen dúbida nengunha, pode que se achegue a Lynch, tamén toma algo de filmes
escuros como aqueles referidos Sin City e todo isto expresado en persa
e, pode que tamén, ambientado nunha cidade iraniana. É, como se repite en todos
os medios consultados, unha película sobre unha relación amorosa, pero hai algo
que debería transcender e non o está facendo. Non hai ningún acaso na escolla
das vítimas, así como non hai ningún acaso no encontro da protagonista co neno
na escena do monopatín. Nese momento, a directora está mandando unha mensaxe ao
máis puro estilo Fight Club e en ningún lugar se fixo referencia á importancia
desa mensaxe, á súa implicación e á súa orixinalidade. Antóllaseme próxima,
nalgún sentido, á Baise moi de Despentes.
Comentários