
A memoria é o nexo. Rememorar cada instante coaprecisión do corte dun bisturí. Reconstruír a acción pormedio dos sentidos. De todo iso, crear a pulsión poloreencontro, coma quen esculpe, deténdose nas formasmemorizadas, a modo de ensaio final, antes da representación.
Non venal é un libro de poemas no que as lectoras poden viaxar a través dos sentimentos afincados no subconsciente. Os poemas deléitanse no detalle, na descrición de instantes cotiás apenas perceptibles polo ollo alleo.
A viaxe iníciase nun ambiente opresor, no sexo dominado, submiso, contraído polos límites, no que se percibe unha constante necesidade de liberación. Dá comezo, deste xeito, a abordaxe e análise da culpa, sentimento fortemente enraizado no acervo feminino, como un elemento esencial que dirixe o conxunto de emocións e condiciona os actos. A ocultación do propio corpo, a negación da naturalidade e a vergonza social son os elementos que se manifestan na relación sexual, entendida como unha interacción natural entre as persoas.
Os personaxes descritos, vanse liberando a medida que se avanza no texto, para desembocar nunha sexualidade vivida como aproximación, empatía e recoñecemento, que atopa a súa máxima expresión no encontro físico. Este convértese nunha ferramenta para a exploración, o deleite, a expresión do amor e do gozo. A continuidade na viaxe, esta vez pracenteira, énchese de luz e de matices que utilizan como vehículo motor o tacto e os fluídos.
Fálase dun desexo que nace para satisfacer a liberación individual, o empoderamento. Unha individualidade fundamental para dar forma á esencia do colectivo.
As escenas minimalistas e atemporais, reproducen fotografías íntimas, utilizado para a descrición das mesmas a curiosidade e o coñecemento do outro.
Alberte Momán, a través da acción carnal, achégase ao imperceptible, aos sentimentos que nunca chegan a comunicarse doutro xeito que non sexa a través do propio tacto, a mirada e o contacto da pel.
Ana Rodríguez Fernández
Comentários