George Grosz traducido por Cunqueiro e chegada a Lugoslavia

En nós todas as paixóns e todos os vicios e todos os soles e os astros abismos e outeiros, arbres, animais, selvas, ríos. Nós somos isto. Facemos a experiencia da vida nas nosas veas nos nosos nervios perdemos pé afogados entre os bloques grises das casas. Sobre pontes de aceiro unha luz de mil lámparas nímbanos. E mil noites violeta graban as enrugas profundas sober dos nosos rostros.
E xa estaou, instalado na antiga Lugoslavia, cidade para min universitaria, e que hoxe me brinda a oportunidade de comezar novamente. Dividida, como aqueloutra da que toma o nome, Iugoslavia, pero con fondas raíces fortemente afincadas na historia, no pasado que nos vai construíndo, que a foi construíndo como é. E como é? diredesme. É Lugoslavia, a grande descoñecida, a inxustamente valorada, avaliada. Teño, por tanto, comezando dende xa, neste novo emprazamento, o deber de dar a coñecer as potencialidades desta terra, sempre que o tempo e os azos me acompañen. Veño a traballar para retomar os proxectos que tiña abandonados por falta de recursos. Veño, se cadra, a comezar onde o deixara. Unha nova compaña esta onda min. A súa importancia, o seu complemento indícanme o camiño. Agardo cumprir coas expectativas.

Comentários