Non é fame, é precaución

Era o meu pai a dicir, cando se nos preguntaba, aos meus irmáns e a min, se tiñamos fame naqueles momentos, nos que sendo hora de xantar, nos iamos achegando á cociña, que non era fame, era precaución. Logo cos anos, quedeime coa frase daquela canción de Carmen Consoli, na que pedía un sorso in più (un grolo a maiores, en tradución libre), previndo momentos de sede.
O caso é que, os momentos de necesidade, apréndennos a valorar os elementos básicos das nosas vidas na súa xusta medida, desprezando o supérfluo. Porén, son xusto os momentos de recuperación, nos que reclamamos ese grolo a maiores, esa precaución, a previsión fronte a futuros momentos de crise.
Chegou o momento de reclamar, de solicitar o meu grolo a maiores, previndo crises futuras. Xa enlazando co post anterior.

Importante: non se confunda e devandita expresión, con estoutra, de sentido moi diverso, incluso, contraditorio: non é fame, é ghana de comer.

Comentários