
Os que relacionamos España coa aniquilación dos dereitos máis elementais dos pobos, ben sexan as Nacións que conforman o Estado, ou os de alén mar, sometidos dende hai máis de cinco séculos, consideramos o día 12 de outubro un motivo, máis que festivo, de reflexión fonda, para artellar novos xeitos de recuperación da nosa identidade propia.
As continuas agresións que o Estado reproduce nos territorios peninsulares ocupados inxustamente, son motivo de reivindicación continua, de restitución dos dereitos de libre expresión (para que a estrutura de Estado, así como a innecesaria monarquía, non sexan temas vetados no diálogo social), a liberdade de organización (sen leises de partidos e asociacións que pretenden establecer un control absoluto sobre o contido e actividades dos mesmos), a apertura dun proceso aberto para o debate que favoreza a consolidación de Galiza, Euskal Herria e Catalunya, como Nacións claramente diferenciadas.
Deste xeito, salientar que o peche de xornais ou a ilegalización de partidos, así como encarceramento da súa militancia, non favorecen en absoluto á apertura pacífica do diálogo social, polo que, o 12 de outubro, deberá ser un día para solicitar do goberno español, que recapacite sobre as decisións tomadas ao respeito dos acontecementos dos últimos días, co fin de erradicar a violencia que consome os azos da poboación en Euskal Herria.
Comentários