
Convocados polo
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol ,
o próximo Domingo 30 de Setembro, ás 12 da mañá,
moitísimos galegos e galegas,
manifestarémonos
desde o porto ó Concello de Ferrol,
demandando:
1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.
2º Á Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.
3º Ao Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.
4º Ao Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.
!!PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!
NON FALTES
PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN,
DIFUNDE A CONVOCATORIA
Comentários