Unha horta, un pequeno bosque biodiverso en apenas unhas ducias de metros cadrados, un bosque de alimentos, a restauración dun terreo degradado ou, simplemente, realizar o noso primeiro montón de compost. Estas poden ser actividades que algunha vez se nos pasaron pola cabeza, pero que desbotamos por medo a non saber como xestionalas. Ter de man a unha persoa que nos guie, sobre todo nos primeiros momentos máis difíciles, pode servir de axuda para non adiar máis a materialización dos nosos proxectos.
Coa premisa de dar pulo a todo tipo de ideas relacionadas co medio ambiente, xorde este proxecto persoal.
Sen necesidade de realizar grandes investimentos e dedicando relativamente pouco tempo, podemos axudar a mellorar a calidade dos nosos solos e, en consecuencia, convertérmonos nun axente activo na loita contra o cambio climático.
Comentários