As letras no mes de xullo co'A Peneira

Un alegato a prol da lingua, xa que é ela moito máis do que un simple recurso para a comunicación, definíndonos como pobo, é a cerna da diversidade. Con ela mostramos a evolución de séculos de historia, dando forma aos elementos que nos son propios, porque cada palabra axunta un cento de conotacións que achegan toda unha forma de sentir, unha forma diferente de entender o mundo. Renunciando a unha palabra tan só, estariamos prescindindo da nosa personalidade. Este é o texto que anuncia a e define os poemas que forman parte do caderno de poesía Por unha palabra tan só. Poema para @s máis nen@s, que se entregará de balde co número de xullo do xornal A Peneira.

Comentários