As que dormen sobre a palla

 

Neste volume faise referencia á vida dunha persoa que exerce a prostitución como compendio ficcionado de acontecementos reais ou, de xeito máis preciso, todo o reais que a memoria dun neno é quen recrear en diferentes etapas da vida de ambos. Eses acontecementos non se corresponden cunha única persoa, senón que foron recollidos de distintas experiencias, con protagonistas diferentes, e en entornos diversos da mesma cidade de Ferrol. Resultaba inevitable, para restaurar eses recordos, utilizar a ficción para ligar todos eses retallos da memoria co fin de elaborar unha historia que describise un tempo e un lugar. 
Este libro non ten, por tanto, como finalidade a de describir con exactitude a biografía de ninguén, posto que non podería separar os acontencementos reais daqueles mutados polo tempo e que o cerebro atesoura. Pode que se trate só de sacar á luz lembranzas que pesan como unha lousa, como todo o que de xeito habitual é silenciado.


Comentários