En Paraños


Visualizar o mapa ampliado

Unha outra forma de manifestarse foi a experiencia do pasado 17 de maio, da que por traballo ou enfermidade non puiden falar até hoxe.
A Asociación Veciñal de Paraños (O Covelo), organizou un acto, como anos atrás, para festexar o día das Letras Galegas. Foi a min a quen tocou facer unha pequena introdución sobre a vida de Uxío Novoneyra, festexado este ano, para interaccionar posteriormente cos e coas presentes. Nesa interacción agasalláronse libros, entre outros, aquel alento da musa, que anos atrás quentara as miñas mans coa calor das súas páxinas.
Foi unha experiencia extraordinaria, pola xente que aló coñecemos, o paseo polo Xabriña, a tarde de calor que nos trouxo unha tarde estupenda. Aló ficou xa, pero co compromiso de volver, para deterse con tempo nos muiños, facendo o camiño nun entorno dos que xa poucos quedan.

Comentários