andas á procura?

Búsqueda personalizada

segunda-feira, setembro 07, 2009

A raia, pracer ou morte

de volta da raia, do Condado, do Festival da Poesía, aínda coa resaca do pracer (sempre fermosa resaca e da que un nunca se arrepinte, desexando sempre máis), do reecontro con amigos e amigas, como o Manolo Pipas levando da man o seu libro A Milpa e o Paliacate (do que aproveito para dicir que se presentará este próximo sábado 12, ás 21:30 h na Cova dos Ratos, Vigo), ou mesmo o Kiko Neves, que por aló andaba tamén carghado de poesía.
En canto ás intervencións, ou as aportacións, xa que a que me gustaría salientar, de Carlos Santiago, aparece no libro editado pola SCD Condado, pero non foi lido durante o festival.
Permitídeme que o reproduza:

Soviet Punk I // De cando en vez dáme por escribir poesía/ ou algunha cousa semellante/ non interesa/ se neste delirio histórico e político no que flutuamos/ alguén me ofrecese un cargo no poder/ escollería ser director xeral de policía/ e sometería á república a unha profunda purga cultural/ detería a poetas, narradores e dramaturgos e aplicaríalles a lei entiterrorista/ duros policías ao meu mando interrogarían a todas esas ratas durante horas/ até obter confesións por escrito da súa trivialidade/ ofreceríalles logo a única alternativa posíbel/ ou o suicidio, ou o silencio/ todos e todasescollerían o silencio, moito me temo/ pero o silencio sería o seu mellor poema,/ o seu drama máis sublime/ a novela primeira da nación/ o meu método todalitario e brutal lograría o imposíbel/ unha idade de ouro fundada no silencio/ unha literatura purificada de vacuos e falabaratos/ un renacemento espiritual sen precedentes/ que barato, si, sería o silencio!/ os subsidios eliminados para sempre/ as mafias de esperixilados que parasitan na burocracia cultural, esvaecidas/ o ministerio de cultura, liquidado/ só o silencio pode lograr a felicidade civil/ liberados de vez do tedio histórico e dos carade cu que o glorifican/ tal vez tivese que destruír varios auditorios, museos, bibliotecas, e casas da cultura/ predios sen futuro/ non obstante, deixaría ás silveiras daren conta dos edificios máis emblemáticos/ convertidos así en monumentos ao baleiro absoluto,/ nunha auténtica arquitectura do silencio/ que nos curase de vez/ desa teimosa manía de ser nós mesmos,/ esa pura e barullenta nada////


Este texto, que ten unha segunda parte, marca a excelencia dun festival que coa palabra reinvindica tamén o silencio, de ser necesario e cando é preciso.
Unha segunda parte, tamén sen desperdicio, do que só vou poñer un bocadiño:

Soviet Punk II// Si. A gramática vomitades, e dicides/ que só hai termo real e líricas máis sosas que outras./ Todas elas concibidas só para pacientes potenciais./ Ser un paciente potencial non é exactamente belo,/ un atopa moitas veces un mínimo saber sobre a enseimada/ cando acredita que a razón existe e está sempre do seu lado./ Todos eles viven ben./ Os máis vellos están na Puta Hinopia,/ eses cabróns pódense afastar dos termos reais/ porque xa por aí atoparon quen lles conte o conto chines axeitado./ E aquí na Terra, na noite, non hai Nós que nos valla./ Éche ben certo que ao emprenderdes os emprendedores os vosos irdes e virdes/ o vómito tamén é posíbel./...///

Ben, cos azos dese pracer infindo, que non coñece fronteiras, tamén esas mesmas que se romperon dende a raia ao longo da historia. Coa forza dese amor que nunca será inútil, escribo convencido de que cómpre construír unha alternativa, que outro mundo é posible.

2 comentários:

albagal disse...

Noraboa á organización do Festival da Poesía do Condado que un ano máis fan posíbel que creamos na forza da palabra.

Boísimo descubrir este poema contigo extrapolando personaxes na puta hinopia, hehe..

Extasiada do pracer da raia, tamén, sei que co noso sentimento inmenso hai un mundo mellor mellor polo que loitar, coa forza dos teus azos, amor, e coa de todo un pobo.

alberte disse...

hehehe... estivo moi ben, imaxinar de quen podía estar falando.

un sentimento inmorrente (gústame moito esta palabra)