andas á procura?

Búsqueda personalizada

quinta-feira, setembro 10, 2009

os sen medo

Despois da túa recomendación poética, leo a Andrea Núñez:

Ségueme,
non será doado,
mais eu asegúroche uns minutos de intimidade.

Nas estacións de bus nada é doado, a xente móvese dun lado a outro sen
decatarse de que levan quedos moito tempo.

Non te asustes, segue....

eu sigo, sen medo, porque, como se dicía naquela fita, Blade Runner, vivir con medo é o xeito de ser escravo. Polo tanto, o medo non pode ser unha premisa segundo a que cómpra actuar. Non me asusto e sigo adiante. Sorpréndeme tamén Gibson, no seu Apocalypto, cunha mensaxe dun pai a un fillo nun momento de cacería polo monte, ao que lle pide que bote fóra todos os seus medos antes de volver á vila, para non contaminar co seu estado anímico ao resto de membros da tribu.
Podes contar comigo, como dicía Benedetti, para todo e malia todo. O único xeito de sermos libres.

4 comentários:

albagal disse...

O libro de Andrea transmite moito.
Pois xa sabes: un calderón contigo..
Porque din tantas voltas que perdín o rumbo, chegaches ti e atopeime.

E sen medo sempre, porque como cantaba Silvio: a covardía é asunto dos homes, non dos amantes, os amores covardes non chegan a amores nin a histerias.

E tamén de Blade Runner: Somos máis humanos que os humanos.

Quérote meu ollomol!

Manuel L. Rodrigues disse...

Vaites!! Pois que o medo non chegue aos miolos se é que rube polos pés.

alberte disse...

non coñecemos de medo nin covardía, cun único rumbo que é o de ambos.
bicos grandes

avlisjota disse...

Olá Alberto é isso mesmo viver sem medo, pois o medo escraviza. Devemos sempre lutar plos nossos ideais e seguir sempre em frente...

Abraço

José M. Silva