andas á procura?

Búsqueda personalizada

segunda-feira, setembro 15, 2008

One bourbon One scothc & One beer

Nunca na miña vida sentín a necesidade de beber para esquecer. Será porque nunca tiven nada do que precisase desprenderme, pois son home de poucas posesións, ou cando menos de podesións necesarias. Mais si, despois de moito tempo, volvín fumar. Tratouse tan só dun cigarro, máis ben pequeno e de mal sabor, pero fíxeno porque verdadeiramente sentín a necesidade de facelo. Pasaron tres días do acontecemento e aínda continúo a pensar que foi o que, en realidade, me levou a desexalo. Non é que me preocupe en exceso o feito, mais si as razóns polas que me deixei levar. Son feble, conclúo. Son tan feble como unha vara de vimbio, fáltame saber se tan flexible. Dígoo para non romper. Non desexaría romper e perderme máis alá de onde estou disposto a chegar en condicións normais.
Nunca na miña vida... estiven tan disposto como hoxe a desfacerme por completo, en millóns de pequenos anacos, porque a confianza en canto me sustentaba deteriorase a cada paso, alentando esa parte de min que nunca esquezo, pero que desexaría acurralar contra as cordas.
Nunca na miña vida... vivín sen vivir en min, malia anuncialo sempre como un dogma divino. De facelo, mostraríame espido en cada frase, como nunca antes.

2 comentários:

Mariola disse...

Para cando os gin-tonic para esquecer?
Apúntome á alcoholterapia.

Manuel L. Rodrigues disse...

Boas Alberte.

Somentes agradecerche que permitas descargar os teus textos a través da web. Parabéns polos escritos e un saúdo.

Arquivo do blog