A Coruña á luz das letras


Informa o Consello da Cultura sobre a presentación esta noite do libro A Coruña á luz das letras (Editado por Trifolium, coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega e a Concellaría de Cultura do Concello), a celebrar hoxe na Biblioteca de Estudos Locais desta cidade, sobre as 19 horas. Un libro no que teño o pracer de participar, cun texto que pretende ilustrar a dualidade existente nunha cidade a un tempo reaccionaria e liberadora, na que fixamos a ollada todos e todas aqueles que saímos dun Ferrol aínda máis asifixiante e sucumbimos ante a imaxe que mostraba todo un mundo novo por coñecer. Iso si, a ilusión durou pouco, xa que, unha vez nos atrevimos a comezar o camiño, descobrimos que aínda quedaba moito mar por coñecer.

Comentários