volvendo sobre un Ferrol de contrastes



















A historia de Aurora Rodríguez, nai de
Hildegart Rodríguez, famosa, esta última, pola súa precoz formación e militancia política durante a II República, volve de man dun correo electrónico. E volve lembrándome un libro de Boris Vian, Et on tuera tous les affreux, no que se plasma un tipo de euxenismo, tan importante, semella, para Hildegart, apoiado incluso por certas faccións progresistas da época, como polémico polo que del se pode extraer. O que si resulta curioso, é pensar que todo xurdise das ansias dunha nai por criar unha figura importante, afastada do mundo polas súas propias capacidades. O caso,por desgraza para a súa nai, as habilidades que axudara a consolidar na súa filla, axudáronlle a esta a aproximarse máis ao mundo. Tan próxima ficou da existencia humana, que soubo ver as incoherencias da esquerda política do seu tempo. Incohernecias, por outra banda, tan actuais que poderían ser postas de manifesto hoxe en día, sen problema ningún. Para ilustrar este última parte, vou facer propio o discurso deste poema de Alberto Lema:

Observa compañeiro o exército inimigo,
conta os innúmeros soldados

as espadas, as lanzas, os satélites,

(e algún dos teus tamén está con eles)
observa, e comprende que a vitoria

é imposible. Terás que aprender

a vivir entre eles agochando

todo o que te poida delatar

porque non houbo batalla, compañeiro,

nin vencidos, e levamos toda a vida

vivindo en territorio inimigo.



Si señor, a esquerda semella, ás veces e mirada de perto, estar con eles.


Comentários