de lecturas

Despois de Alberto Lema foi o Alfred Jarry co seu Faustroll e o Supermacho (o Indio tan celebrado por Teofrasto), outra vez Alberto Lema, Marguerite Duras e agora un Juan Manuel de Prada que se resiste, non por falta de tempo nin por falta de interese, máis ben por unha obsesión. Levo días ancorado na banda sonora de 'In the mood for love'. Parado, escribindo un relato sobre unha escena dun outro filme de Won Kar-Wai, unha peza que se encontra xunto con outras dúas curtas, baixo o título xenérico de Eros. A curta de Won Kar-Wai titúlase 'A man'. Fico obsesionado por un único plano, no que aparece un xerro cunha flor. Son incapaz de desfacerme desa imaxe, como xa me ten pasado con algún outro filme deste director.
Agora vou, sen resistencia posible pola miña banda, con 'Days of being wild', volvéndome sobre a portada escollida por Valdemar para ilustrar a Juan Manuel de Prada. Terei un segundo, máis adiante, para dedicarme a el.


Comentários