ad hoc por Cabanillas


Onte Padrón encheuse de poesía, para lembrar aquela coroación que levara a Cababillas diante da figura de Rosalía no Espolón da vila padronesa, aló polo '58.
As Redes Escarlata, xunto con poetas de Iria, Padrón e Cambados, puxeron as súas voces a disposición da memoria, facendo, xa agora, unha parte da nosa historia necesaria. Xunto con todos e todas eles e elas, o colectivo Ad Hoc, dispuxo unha performance coa fálica figura de Cela, colocada no mesmo Espolón da vila, proxectada sobre unha das paredes do auditorio.
Durante todo o acto, e previamente na ofrenda floral a Rosalía, a voz de Anxo Angueira, que encheu todos os espazos, animando á resistencia militante a prol do idioma e a cultura galega.

Comentários