Violencia física, violencia mediática


A estas alturas, resulta un pouco hipócrita, sobre todo da boca daqueles que correron, nalgún momento da súa vida, diante dalgunha forza de 'seguridade' do estado, falar da acción dos rapaces e rapazas de Agir, como doutras formacións políticas, que aló estaban, e que non están integrados nesta organización estudiantil, como un acto de violencia reprochable. A estas alturas sabemos tamén, quen son e como actúan os gardacostas destas 'personalidades'. Sabemos que se trata de autenticos mercenarios, que traballan tamén a prol dunha pugna política, coas armas das que dispoñen. É por isto, que o reprochable do acto do 'independentismo radical', na miña máis humilde opinión, é ter acodido ao lugar sen asumir que unha vez alí, serían continuamente acosados e incitados para obter unha resposta violenta, ou non tanto, que poder utilizar como arma política diante dos medios de comunicación. Son coñecidas as estratexias destes mercenarios, portando todo tipo de pequenas armas coas que golpear sen ser vistos, utilizando todo tipo de violencia verbal para atopar a resposta que procuran, e deste xeito actuar, impunemente, con toda contudencia. O Partido Popular, como representante da dereita máis reaccionaria, posiblemente, de toda a Unión Europea (tan só comparable, probablemente, ao nazismo de Le Pen, en Francia), abandeira a loita contra o terrorismo como argumento político, pero dende a perspectiva da aniquilación dos dereitos fundamentais das nacións que integran o Estado Español, e que poidan poñer en perigo a máxima da una, grande y libre, do imperialismo franquista. Dentro desta premisa, toda acción do nacionalismo antiespañolista vai ser considerada un acto de terrorismo e utilizada para a súa causa. Eis o grande pecado destes rapaces e rapazas, servir de ferramenta política, para criminalizar, neste caso, ao nacionalismo galego.

Comentários