A Executiva dO SLG despide a outra traballadora da base crítica


Agardando polos detalles do caso, confirmo o despedimento doutra traballadora do SLG. Con esta, xa son dúas as compañeiras do Deza que deixan o SLG por pertencer á base crítica. Mentres tanto, afiliados da comarca pontevedresa, abandonan as filas do SLG, na procura doutras formacións, que ofrezan constancia nos seus traballadores e no servizo que ofertan.
Como xa nos ten afeitos esta Executiva, non hai explicacións posibles nin aos compañeiros e ás compañeiras, traballadores e traballadoras, nin aos afiliados e afiliadas.
Represéntase, deste xeito, un episodio máis, no que a pugna por manter a hexemonía, se leva por diante os dereitos fundamentais por un traballo digno.

(Foto de Óscar Vifer para AGN)

Comentários

Maraver disse…
Unha situación triste e lamentable. Espero que esta desfeita pare canto antes porque éunha mágoa que veña abaixo o que tanto tempo e traballo custou levantar...

Un saúdo.

Martín.