Ás voltas, procurando unha libraría pechada

Quero ler e leo con bos ollos o último do Mario, malia non concordar nese abrupto concepto do compromiso, que se atribue a ese pseudoacratismo figurante implantado na sociedade. Correcto, considerando a postadolescencia do mundo universitario, pero morto (agardo non resultar moi grave) cando falamos de eficiencia social ou sociopolítica. Dacordo, e apoiome no falado con Paulo, en que o asociacionismo cultural cumpre unha labor importantísima, que a clase política, ou políticos de profesión, deixaron escapar hai tempo (incluso tentanto a súa aniquilación), pero cómpre non confundir, e se cadra son eu o confundido porque só levo medio cento de páxinas, o compromiso co nomadismo na produción de abalorios.
De todos os xeitos, recoñezo en Mario, o escritor serio (profesionalmente, persoalmente antóllaseme bastante festeiro) e de profesión que ha dar grandes alegrías ao sector editorial galego.
Agardarei, sempre mellor, a rematar o libro para continuar por esta vía.

Hoxe fun, por segunda vez, á Palavra Perduda de Compostela, na procura dun libro do Pepetela, pero estaba fechada, e, por unha vez, recorrín a ese Ferrol que comparto co Mario, para conseguir o que quería. Chegará en breve.

Comentários

tangaranho disse…
Afinal sempre voltamos a Ferrol, eh?