o zoolóxico máis próximo

'...sem conseguir encontrar dentro de si o ponto pior de sua doença, o ponto mais doente, o ponto de ódio, ela que fora ao Jardim Zoológico para adoecer. Mas não diante da girafa que mais era paisagem que um ente. Não diante daquela carne que se distraía em altura e distância, a girafa quase verde. Procurou outros animais, tentava aprender com eles a odiar. O hipopótamo, o hipopótamo úmido. O rolo roliço de carne, carne redonda e muda esperando outra carne roliça e muda. Não. Pois havia tal amor humilde em se manter apenas carne, tal doce martírio em não saber pensar.'

Clarice Lispector

Durante moito tempo, crin saber o que se atopaba en todos aqueles lugares aos que renunciaba voluntariamente, invadido por unha sorte de moral propia, inducida e fundamentada nun suposto correcto estado das cousas. Relativizar, sen renunciar en absoluto a un ideario propio, a miña concepción, baseada tamén en prexuizos, de certos aspectos da vida cotiá, fíxome acceder, no eido máis literario, a un tipo de literatura rupturista (como o dadaísmo, por exemplo), e, no aspecto máis social, a unha especie de concesión ou tregua na miña loita diaria contra o propio ser.
Isto lémbrame ao título dun libro do autor chino, Wang Shuo, 'Fai o favor de non chamarme humano'.

Comentários