“A liberdade sempre máis alá”

“A liberdade sempre máis alá”

Naquel tempo, a liberdade era máis alá do muro
Derrubaron o muro e pasaron sobre as ruínas
A liberdade estaba sempre máis lonxe
Detrás das tres columnas de silencio
Cercaron as columnas, e de súpeto
Foi só unha chama, filla do raio
Que permaneceu danzante no fondo das súas olladas
A liberdade era sempre
Máis acó de cada esperanza
Pero a luz do pozo dos seus ollos
Ilumina agora a prisión.

Anne-Marie Cazalis

e outras xoias que recollo de escritos pasados:

O todo ben aderezado cun viño número 1234751/5478/*grc/11º(red/w57), igual idéntico aquel dos vales piamonteses, pero feitos pola General-Virtual Cloning de Shangai. Xúroo, non cambia nada, pola contra, ten máis sabor que o de verdade, é mellor, máis verdadeiro que o de verdade. É el o verdadeiro viño piamontese, conserva a verdade da tradición, non se perde, non se contamina nunca co sabor do tapón. Como di a publicidade: “l’eternità della tradizione per sempre sulla tua tavola!”, e é verdade, mellor que o viño piamontese real, é Hiperreal.
É o bautismo da segunda existencia: aquela Simulada e sen fin. Neste e en ningún outro senso, este viño pódese denominar “virtual”.
G. S. (Anónimo).



En poucas palabras fálase dun “dereito” (Dereitos Humanos) que se atopa lonxe de ser considerado universal e que para difundirse adopta unha nova forma de colonialismo... resultado tamén iso de conxunción entre social e económico. G.G. (Anónima 1)



Farteime de depender deste ou daqueloutro e decidín que é mellor vivir na ignorancia das noticias. É mellor coñecer un argumento, dous ou tres feitos, e sen saber máis somos en grado de dar calquera xuízo. Deixei de ver a televisión e sobre todo os telexornais porque con horror decateime de que “El Gran Hermano” é menos faccioso, e non soporto por máis tempo que os tertulianos, que deberían dar calquera sinal de luz intelectual, sexan xente como Pippo Baudo. A. L. (Anónimo 2)





Nos nosos debates, camaradas
teño ás veces a sensación
de que esquecimos algo.
Non é o inimigo.
Non é a liña de conducta.
Non é o obxectivo final
Non figura no 'curso breve'.

Se non o tivesemos sabido nunca
non habería loita.
Non me preguntedes o que é.
Non sei como se chama.
O único que sei
é que esquecimos
o máis importante.

Hans Magnus Enzensberger

Comentários