aprendimos a falar e non calamos a boca

Todos/as ríamos fai anos con aquela, Esperanza Aguirre, Ministra de Cultura, que o PP puxera despois dunha dura selección entre as candidatas máis intelixentes das nominadas aos premios de figuración para o parlamento Español. Riamos cando dicía aquilo de que Sara Mago era unha escritora extraordinaria. Riamos tamén porque se trataba dunha militante do PP, e iso imprimíalle un aquel irresistible. Pero agora, nese suposto cambio de partido, que non de orientación, acometido no goberno de España, temos a esta Ministra de Agricultura, disque galega, pero profundamente antigalega, en competencia directa no seu antigaleguismo co mesmísimo Pepe Blanco, que tan mal lle sentan os gandeiros galegos, como aquel outro que solta barbaridades en contra do noso sector naval. Despois de escoitar certas cousas, un dá en pensar que, en certo momento da nosa vida, aprendemos a falar pero ninguén nunca nos aprendeu a estar calados, polo menos por iso do mínimo respecto debido ao resto da humanidade.
Pola miña banda, para emendar este profundo erro, estou aprendendo a calar a boquiña. Resulta duro, as veces, manterse calado despois de escoitar certas cousas, pero, malia todo, non me resisto a confiar no poder do silencio.
Así que vou ir deixando a cousa aí, por iso de mostrar un mínimo de coherencia.

Comentários