o tren

coido que podo sentirme oufano de acompañar a un novo fan de Andrés Dobarro na senda do coñecemento. O meu sobriño, persoa que aínda non ten os dous anos de idade, dende aquela primeira vez que acompañou á súa avoa á estación de tren de Vigo, ten unha forte obsesión co tren. Malia que o seu veciño máis próximo é revisor de Renfe, non foi até este Nadal no que, primeiro, recibíu o agasallo dun tren eléctrico, por suposto, e posteriormente fixo a súa primeira viaxe en tren. Máis recentemente e da miña man, coñeceu a Andrés Dobarro e á súa, máis que famosa, canción do tren (como a coñece até o momento o meu sobriño Airas). Malia que a única parte da canción coa que disfruta é co retrouso, confío en que, en breve, teña a paciencia suficiente para escoitala enteira sen repetir, en canto finaliza o retrouso, máis tren, máis tren. Non asombra, por outra banda, que lle agrade a voz suave deste home Andrés.

Comentários