big sur

Alédome de que ninguén me preguntase, ate o de agora, pola miña opinión sobre o Jack Kerouac, porque non sabería que responder, até estes días que comecei co ‘Big Sur’. Xa lera outras cousas, como xa deixei constancia na bitácora, pero non afondara moito no significado de canto vai narrando, na situación política e social, nin noutras cousas que me axudasen a entender de que ía todo iso. Valorara tan só a prosa rápida e directa, como un mecanismo engaiolante, ademais de ser fondamente inspirador. Pero desta volta, e coa lectura deste ‘Big Sur’, vin claro a vacuidade dos seus argumentos. Dende a páxina vinte e pouco comezou a poñerme enfermo co seu egoísmo visceral tan tipicamente ianqui, e os seus ‘dou grazas a Deus por esta árbore perfecta e este home perfecto e este regato perfecto, aquí só nunha choupana perfecta no medio dun monte perfecto, cun freganzo metálico perfecto e unha perfecta camisola militar de cor verde. Porque todo é perfecto e está ben, e impórtame un carallo todo porque na miña sublime perfección basta só que haxa indicios do risco de ferir estas miña hiperrealidade para que me compre unhas botellas de whisky e me dedique a beber ater rebentar para esquecer todo o meu vínculo coa sociedade corrupta e anquilosada nunha dobre moral absurda que asumo e comparto’. Tamén discrepo da súa opinión sobre a obra de Hesse, ‘O lobo estepario’, pero iso prefiro deixalo para outro momento.


Por outra banda, non me podo resistir a comentar este autocolante que chegou hoxe co xornal 'A nosa terra'. Por moito que coincida coa mensaxe, recoñezo que isto máis semella unha loxia do 'ácido' que unha campaña para o recoñecemento dos dereitos nacionais galegos.
A cuestión é por que non usaron directamente esta outra imaxe, icona doutros tempos, para reinvindicar o mesmo.


E tamén se cadra, coa mensaxe engadida para a reflexión, agora que está tan de moda o do Estatuto, 'onde nos coloca isto?'

Comentários