andas á procura?

Búsqueda personalizada

quarta-feira, novembro 22, 2006

as mil horas

FIN e continuación...

no proceso evolutivo son máis e máis
cambiante
presento a dor das horas
da espera
pero a un tempo
a adicción a ese mal recorrente

as horas son tamén compaña
un frío que se mestura co tecido da pel
unha calor sobre ese mesmo frío de pel de galiña
e esa mesma pel sobre outra igual
ou diferente

e aí nace Pin
da espera
das horas de insomnio
das palabras nunca tendidas sobre o entorno
deses silencios que son olladas do subconsciente
un Pin que redunda na continuidade
para facerme un outro
e o mesmo
con calças de baño
pucho de látex e lentes
como ollos de ra

Pin é amarelo
é azul
leva as cores todas no peito
e as mans cheas de sorrisos
alcol nas veas
fume nos pulmóns
e unha fermosa nube de anécdotas
amarelas
sobre o sexo

ás noites
é insomne
quente
como un cobertor
ás mañas
é ausencia
rumor de horas
e un adeus disimulado
nun sorriso apenas perceptible
e un posible cagoendios
de resaca

con Pin as horas
duran o que o estado de ánimo

2 comentários:

Anônimo disse...

E seguirei tendo as mans cheas de sorrisos mentres as mil horas vaian pasando.....
:)
Pin

Anônimo disse...

mil veces lidas as mil horas,
meu

sara