andas á procura?

Búsqueda personalizada

segunda-feira, janeiro 09, 2006

vivo discretamente
sobre manteis de cadros proletarios
comendo frangullas de pan e queixo

.
.
somos un único pobo mestizo
con aroma a figurante

.
.
abro uns beizos como brazos
e vibro sen dor
entre os cabelos arroupados polas miradas
de alfándega

.
.
penduro as palabras que vou deitando
sobre as partes ocultas de todos os corpos
sentindo as beirarrúas como fíos condutores
do verso

.

Nenhum comentário:

Arquivo do blog