Xeitos de morrer en Alemparte. Reflexións ao redor dunha simulación


Nunha das miñas viaxes á deriva acabei en Alemparte, un lugar da parroquia de Cangas, no concello de Foz. Naquel momento, alternaba libros de Allan Savory, botánico zimbauense e un dos iniciadores do pastoreo racional, coas Mil mesetas de Deleuze e Guattari. Esas lecturas déronme para iniciar a escrita dos distintos libros que despois conformarían o volume titulado "2024", compendio da obra poética producida durante ese ano. 
2024, que comeza coa Matriz, unha distopía baseada en Baudrillard, segue coa simulación dunha utopía, representada por Alemparte, baseada na miña interpretación da teoría rizomática de Deleuze e a visión holística de Savory.
Deixo aquí un fragmento dese Xeitos de morrer en Alemparte. Para quen desexe achegarse ao texto íntegro, pode visitar o meu sitio web. Pódese descargar de balde e de forma legal este e outros volumes da miña autoría. Descarga e difunde!

Comentários