Su Liz-hen

No ano 2011 en Letra Inversa da editora Toxosoutos saía do prelo Os quilómetros que percorremos dende aquela, a crónica poética duns anos que se sucederon como quilómetros nunha estrada interminable. Uns anos de fuxida permanente e case sen pausas. Hoxe, vendo os textos dende a distancia, recítoos en alto para recoñecerme nos versos. Non deixo de presionar as engrenaxes da memoria, como deténdome nunha área de descanso para recoñecer o traxecto realizado. 

Deixo agora o pouso da miña voz sobre eles e retírome até a seguinte parada. 



Comentários