Produtos encalantes de Calfensa.
Caliza Agrícola de Calfensa, preséntase en forma de
Carbonaro Cálcico extraído de Calcita. Diferénciase dos carbonatos provenientes
de dolomita, en que o efecto da calcita é de máis rápida acción que o da
dolomita.
A rapidez de acción vén,
en grande medida, definida polo tamaño da partícula no que se presenta. A
caliza de Calfensa
vén, nun 75%, en partículas dun tamaño inferior aos 0,06 mm, o que permite a
súa case completa acción nun período de tres semanas.
Cun 90% mínimo de
Carbonato Cálcico, representa unha equivalencia en Óxido de Calcio do 50%, o
que define un Valor Neutralizante de 50.
Por outra banda, Calfensa
ofrece o que deu en denominar Caliza
Magnesiana, que respectando as características do material que constitúe a
Caliza Agrícola, aporta un 20% de Óxido de Magnesio, obtido a partir da
calcinación de carbonato de magnesio finamente triturada.
A Caliza Magnesiana componse de 60% Carbonato Cálcico e 20%
de Óxido de Magnesio, o que se corresponde cunha equivalencia en óxido dun 30%
por parte do carbonato e o 20% por parte do Óxido de Magnesio, cun Valor
Neutralizante de 60.
En
canto ás doses de encalado.
Recentemente veñen
aparecendo no mercado novos produtos granulados que soben o pH do terreo.
Véndense como produtos encalantes porque, efectivamente, teñen unha base de
caliza. Ademais do seu formato esférico, que os diferenza doutras emendas, hai
outra diferenza substancial, a dose de aplicación. Normalmente, para a utilización
deses novos produtos, recoméndanse cantidades que se sitúan en torno aos 500
kilos por hectárea. Ao redor desa dosificación, cómpre salientar un aspecto
importante: Un dos parámetros que marca a dose a aplicar dun encalante é o
denominado Valor Neutralizante. Canto maior é a cifra que describe ese Valor
Neutralizante, menor é a cantidade a aplicar de produto. Aqueles encalantes que
teñen como base a caliza, ben sexan granulados ou en po, dispoñen dun Valor
Neutralizante que se move ao redor de 50 (Expresado en CaO. En produtos que
proveñen de Portugal con base de caliza poden figurar Valores Neutralizantes
superiores, do 85, porque veñen expresados en carbonato cálcico, o que
trasladado á lexislación española serían os valores de 50 indicados anteriormente)
. Isto quere dicir que se para un produto en po temos que usar
Un dos argumentos máis
empregados para defender a postura de doses inferiores, é que dispoñen doutros
elementos nutricionais que melloran e enriquecen o solo. Sen cuestionar que iso
sexa certo, estanse introducindo conceptos diferentes que gardan certa relación
pero que se deben considerar por separado. Eses dous conceptos son o encalado e
o abonado. Un produto encalante ten unha función principal que é a de subir o
pH do terreo, para o que son precisas doses elevadas. Outra cousa é o abonado
que, en función das Unidades Fertilizantes do abono a empregar, as doses de
abonado son máis moderadas. Que un produto encalante aporte ou non outros
nutrientes, non inflúe en absoluto na dose real a aplicar do mesmo, polo que un
produto granulado, con elementos nutrientes, debería ser aportado a doses en
torno a
Calfensa recomenda sempre
a realización de análises de solo para dispoñer de información suficiente que
axude a calcular as doses de emenda a utilizar.
Aspectos xerais sobre
os efectos do encalado:
1.- A acidez do chan, prodúcese debido a diferente tipo de
reaccións químicas que rematan liberando
H+. O CO2 resultante da descomposición da materia
orgánica, en presenza de auga, libera eses ións de hidróxeno. Incluso a achega
de certos nutrientes (nitratos, urea, fosfato amónico, sulfato amónico,…)
producen a acidificación do chan.
O encalado neutraliza eses H+, liberando OH-
que, como veremos, axudarán a reducir a concentración de Al3+.
2.- Neutralización e precipitación do Al3+ polos ións
OH-
CO32-
+ H2O ↔ HCO3- + OH-
HCO3-
+ H2O ↔ H2CO3 + OH-
Al3+ + 3OH-
↔ Al(OH)3↓
3.- Substitución do Al3+ no complexo de cambio por Ca2+
ou Mg2+
-Este feito produce
unha redución na toxicidade do aluminio, así como a do Fe e o Mn, que tamén
poden estar en concentracións moi tóxicas para determinados cultivos.
-A acción do encalado
evita o bloqueo e fixación dos fosfatos, ao formarse compostos de Calcio máis
doadamente asimilables polas plantas que os de Fe e Al máis frecuentes en chans
con niveis baixos de pH.
-Favorece, sempre que
se atope presente no chan, a absorción de Mo por parte das plantas. No caso
concreto de leguminosas, considerando as altas necesidades que presentan estas
plantas, a facilidade de absorción de Mo incentiva o seu crecemento.
-A estrutura do chan
mellora, e indirectamente outras propiedades físicas, debido ao forte carácter
floculante do Calcio sobre os coloides e a maior estabilidade que proporciona
aos humatos.
-Estimúlase a
actividade dos microorganismos, o que repercute nunha mellor humificación e
transformación da materia orgánica, o que implica un aumento na dispoñibilidade
de nutrientes. O encalado axuda a aumentar a microfauna do chan.
-Mellora o nivel
nutritivo da disolución do chan, ao aportar Ca e Mg.
-Contribúe ao bo
desenvolvemento e distribución das raíces das plantas, o que aumenta o volume de solo explorado, co que se pon a
disposición das plantas máis nutrientes e máis auga. Tamén adoita mellorar a
resistencia das plantas ás enfermidades.
Outras consideracións a
ter en conta na obtención de forraxes, froitos e a alimentación animal:
-É moi importante o control da cantidade de aluminio presente no
solo, xa que alta concentración de Aluminio na alimentación animal, transmitida
polo chan, pode reducir, até nun 20%, a ganancia de peso diaria do animal.
-En praderías mixtas (gramíneas e leguminosas), as emendas calizas
aumentan o contido de proteína no pasto, ao favorecer o desenvolvemento do
trevo.
-A relación K/(Ca+Mg) no pasto foi descrita como determinante
nos requirimentos nutritivos do animal para evitar a hipomagnesemia.
Considérase que o valor deste cociente non debe ser maior de 2,2.
-En canto á relación Ca/P non debe superar o valor de 1,5, tendo
en conta a importancia que pode ter na saúde dos animais.
-No que
respecta a experiencias concretas, observouse un mellor control de malas
herbas, concretamente Raphanus sativus L., Spergula arvensis L. y
Polygonum persicaria L., en campos de trigo utilizando metsulfuron metil
como herbicida, naquelas fincas con pH corrixido con doses elevadas de
Carbonato Cálcico.
-En chans
corrixidos con Calizas Agrícolas e Calizas Magnesianas finamente moídas,
obsérvanse, en análises foliares, unha maior concentración de Ca e Mg, o que
resulta importante en todo tipo de cultivos, pero máis concretamente naqueles
que, como a actinidia, precisan, para un correcto estado sanitario,
concentracións en folla do 0,6 – 0,7 % de Mg. Ademais dun valor de pH no solo
que oscile entre o 6 e o 7.
-Os
produtos de Calfensa están recoñecidos polo Consello Regulador da
Agricultura Ecolóxica.
Bibliografía
Bernier, René; Alfaro, Marta (2006)
Acidez de los suelos y efecto del encalado.
Campillo, Ricardo; Sadzawka, Angélica. Las
enmiendas calcáreas. Un insumo tecnológico vital para los suelos acidificados
del sur de Chile.
Fuentes, Ricardo; Jerez, Gabriel; Pinochet,
Dante (2005) Efecto de enmiendas calcáreas sobre la eficacia de
metsulfuron-metil en el control de malezas en trigo.
Hernáez Mañas, José Luis (2003) La fertilización del viñedo.
Magra, Gustavo; Ausilio, Alfredo (2004) Corrección de la acidez de
los suelos.
Mansilla, J.P.; Vázquez R.A.; Abelleira, A.; Salinero M.C. (1998)
Problemática fitosanitaria de la actinidia en Galicia.
Mezquita Rivera, Francisco (2002) El Calcio y el Magnesio en la
vid.
Mufarrege, Demetrio; Corrientes, Mercedes (2001) El
Magnesio en la alimentación del ganado bovino para carne.
Pérez, Susana (2010) pH: Influencia en la calidad del vino y
factores de control en la viña.
Rodríguez Soalleiro, Roque (2004).- Condiciones de las masas
forestales y su relación con las propiedades de los suelos I.
Viadé, Ana (2005).-
Utilización de caliza con distintas granulometrías en una rotación pradera/maíz: efectos sobre las propiedades
químicas del suelo y la producción.
Comentários