andas á procura?

Búsqueda personalizada

quarta-feira, janeiro 02, 2008

o 'nacionalismo español' en cuestión e na súa propia lingua


Carlos Taibo vén de sacar, xunto cun grupo de mestres universitarios, ‘Nacionalismo español. Esencias, memoria e instituciones’. Non deixa de ser curioso, cando menos a min parécemo, o feito de cuestionar o nacionalismo español, máis propio das 'nacionalidades históricas' e fondamente vencellado a elas (agradezcamos a coordinación dun galego). E máis, falando nos termos nos que se expresa o propio coordinador do libro, nesta entrevista ao Periódico Diagonal:

“Es difícil ser nacionalista español y tener un proyecto de izquierdas”

É evidente a referencia á socialdemocracia española, incluso a esa esquerda tímida e en decadencia que representa IU. Da propia entrevista estracto un pouquiño pouco, por gracioso:

[...]El nacionalismo que hoy transmiten PP y PSOE no es, con toda evidencia, el mismo que postulaba Franco 40 años atrás. Pero debo subrayar que los elementos esencialistas, y la nula voluntad de discutir sobre ellos, son en sustancia los mismos.[...]

descontextualizando o texto, aínda que sempre entendible:

[...]El nacionalismo español hace uso de una formidable maquinaria de invención de tradiciones. Se habla mucho de las manipulaciones a las que se han entregado tantos libros de texto en Cataluña, ‘Euzkadi’ o Galicia, mientras apenas se le presta atención a las que se revelan al calor del nacionalismo español. También este último ha reescrito la historia en provecho de una suerte de permanente progreso que abocaría en la condición presuntamente acabada y halagüeña de la nación española de estos días. Y para refrendar esa invención ahí están las reales academias, la monarquía, la Iglesia y, naturalmente, un sinfín de medios de comunicación volcados en provecho de ese proyecto.[...]

2 comentários:

tangaranho disse...

Pois raudo e veloz, correrei a comprar esse livro, que francamente promete. Interessante o que di referindo-se ao papel do desporto como elemento coesionador das massas: Pau Gasol e Fernando Alonso fixerom mais pola "rojigualda" que mil desfiles militares.

Também muito boa a mençom a essa cada vez mais descarada identificaçom entre os interesses do capital espanhol e os da naçom espanhola e o povo espanhol. O incidente na cimeira iberoamericana entre Chávez e o Bourbon foi um claro exemplo, com esse empenho por parte dos média espanhois de fazer ver a intervençom de Chávez como um insulto a todos os espanhois.

minux disse...

un poema de agasallo para a ocasión:

Chaves, pistola, sextercios
Apalpo os petos para sair
Polo barrio de lavapiés pequeno
Podería ir xogar ao baloncesto
Basketball de mestizaxe
Basketball de top manta
Negros, peruanos, chineses etc
Que non levan camisolas españolas
Xogando cos oriundos acoutados
Uns cubanos xogan ao beisball
Ao carón da capela dos remedios
E non é día de romaría
Aínda que un policía
Diríxese a eles para decirlles
Que ese non é un deporte de aquí
Quizais se xogaran á billarda
Sería máis normal… o hip hop
Nas rúas do Couto onde
Andamos acoutados
Travestis, pontinos e “rumanos”
Hai karaokes e puticlubs
Tendas de chineses e senegaleses
E algún restaurante dominicano
Mais nunca vín por aquí
Polo momento
A Nadal, Gasol ou Alonso
Nin tampouco a
Jesulín, Chenoa ou a “mi niña lola”
Queda máis perto de min
Unha pulpeira cubana
Que no día da hispanidade
Cortóume unha ración e media
De polbo cara ao sol.

minux

Arquivo do blog