A corda sobre o abismo


 

Vén de saír do prelo .22, un volume que inclúe catro libros de poemas e unha micro novela. Esta última, baixo o título de A corda sobre o abismo, recupera a figura dun Karl Marx omnipresente e omnisciente. Preséntase a si mesmo como o anticristo para transmitir unha mensaxe como aquela que alentou ao Zaratustra de Nietzsche a saír da caverna. Utilizando o humor e o absurdo como as canles principais polas que circula a narración, o texto, lonxe de calquera fórmula ensaística, é unha breve, subxectiva, incompleta e pouco rigorosa parodia da actualidade.


Comentários