segunda-feira, junho 04, 2018

Independencia de Alfonso Rodríguez (M Editora. 2018)

 
 
Independencia de Alfonso Rodríguez (Ourense. 1973)
Edita M. Editora
Independencia oportunista ou oportuna independencia?
“Non, eu non quero ser esa persoa unida por un cordón umbilical aos supostos nutrientes cos que nos "agasalla" ese ente enredante e global, neuronal, funcional que anexiona a todas as nosas almas nun todo simulando e situándonos por riba desa montaña máxica que é a nosa cadeira ou o noso sofá, as nosas mans…” Mans que só aloumiñan os fríos dispositivos e se quedan pegadas a eles…
Prezada palabra semellante á utopía a que titula este poemario e que o autor ten como arela que, claro está, non chega a ela máis que co seu desexo. Pero serve para tensar, ás veces, ata certos límites, soñando con rompelos tanto na vida como na mente.
Algo de humor e algún que outro xogo de palabras, a fartura de dependencias de todo tipo, certo intimismo, quizais a contraposición natureza/tecnoloxía e a crítica ao que vé, incluído él mesmo, configura en definitiva Alfonso Rodríguez este poemario oportunista.

Nenhum comentário: