Refundando a esquerda ou recuncando no colonialismo?


IH (Izquierda Hundida) vén de sacar da manga unha refundación na que a esquerda di ser protagonista. Dende unha visión de política global, poderíamos considerar a proposta como afortunada, incluso necesaria, debido á deriva ideolóxica patente nos partidos maioritarios, e non tanto. Entendo que fartos de caer en picado nos resultados electorais dos últimos lustros, en IH confían nun achegamento aos partidos minoritarios e de esquerdas, ansiosos á súa vez por considerarse alternativa, malia que sexan nacionalistas e defendan a existencia dunha República Galega. Os que, pola súa banda, cansos xa de ser unha minoría entre as minorías, ven a oportunidade de sacarlle brillo ás súas galas, sen luxar en exceso as mans.

O que me preocupa non é, nin podería ser nunca, que se busque a maneira de afrontar a situación actual dende unha perspectiva de esquerda, senón o respecto desa esquerda polas diferenzas palpables entre unha visión de defensa da diversidade no actual estado plurinacional, e unha visión imperialista, dun partido español de España, nación única e indivisible.

Ao contrario que Yolanda Díaz, eu non considero que as persoas que renegan do BNG, atopen na súa refundación de República Española a alternativa a unha fronte de Reconversión Socialdemócrata.


Comentários