andas á procura?

Búsqueda personalizada

segunda-feira, junho 28, 2010

Antes de máis

Antes de seguir, de anunciar o que é motivo para a felicidade, de que chegou a calor, o tempo libre... Antes de seguir, antes de expor os motivos para a loita, unha reflexión. Un pensamento que eu quixera ter escrito, pero non foi así. Adiantoume Octavio Paz:

Hemos desenterrado a la Ira
El anfiteatro del sol genital es un muladar
La fuente del agua lunar es un muladar
El parque de los enamorados es un muladar
La biblioteca es una madriguera de ratas feroces
La universidad es el charco de las ranas
El altar es la tramoya de Chanfalla
Los cerebros están manchados de tinta
Los doctores discuten en la ladronera
Los hombres de negocios
manos rápidas pensamientos lentos
ofician en el santuario
Los dialécticos exaltan la sutileza de la soga
Los casuistas hisopean a los sayones
Amamantan a la violencia con leche dogmática
La idea fija se emborracha con el contra
El ideólogo cubilitero
afilador de sofismas
en su casa de citas truncadas
trama edenes para eunucos aplicados
bosque de patíbulos paraíso de jaulas
Imágenes manchadas
escupieron sobre el origen
carceleros del futuro sanguijuelas del presente
afrentaron el cuerpo vivo del tiempo
Hemos desenterrado a la Ira

quarta-feira, junho 23, 2010

O mundo non remata en Albeiras

O son do climatizador a dezanove graos, eclipsando a voz de Natalia Poncela nas sobremesas do Diario Cultural. Circulando a trinta e nove quilómetros por hora, precisión só xustificable polo velocímetro dixital, por unha estrada na que a vexetación percute sobre o metálico da miña andadura, cando evito os vehículos que se achegan a min pola fronte. Unha vía que circunda todas as poboacións coñecidas, que me achega ao raigrass, á avea, a plantagos e labazas. Unha senda que remata co mundo, aló onde comeza Albeiras, onde as casas, sempre de planta cadrada, comezan a limar das paredes o recebo e nas que os seus habitantes dormen, cando a cóbrega sae do acubillo guiada pola calor do asfalto.

O mundo non morre na calorosa tarde do día de San Xoán.

domingo, junho 20, 2010

En defensa do Poleiro

quinta-feira, junho 10, 2010

As letras no mes de xullo co'A Peneira



Un alegato a prol da lingua, xa que é ela moito máis do que un simple recurso para a comunicación, definíndonos como pobo, é a cerna da diversidade. Con ela mostramos a evolución de séculos de historia, dando forma aos elementos que nos son propios, porque cada palabra axunta un cento de conotacións que achegan toda unha forma de sentir, unha forma diferente de entender o mundo. Renunciando a unha palabra tan só, estariamos prescindindo da nosa personalidade.


Este é o texto que anuncia a e define os poemas que forman parte do caderno de poesía Por unha palabra tan só. Poema para @s máis nen@s, que se entregará de balde co número de xullo do xornal A Peneira.

sábado, junho 05, 2010

Contra o mundo

Despois do post de onte, quedei pensando en se chegou un momento no que crer nas peroas resulta xa case imposible. No eido político poderiamos dicir que si. Despois de ver como aprendices de políticos decapitaban ao seu compañeiro máis fiel pola súa cota de poder dentro do partido, ou como as vellas glorias converteron enemistades persoais en insalvables diferenzas políticas, coido que o primeiro que se debe refundar é a panda de carcas e outros corruptos que acomodaron o seu cu no cumio da palestra, e aqueles que buscan imitar aos seus antecesores, por ego ou sinxelamente para non engrosar as listas do paro.

sexta-feira, junho 04, 2010

Refundando a esquerda ou recuncando no colonialismo?


IH (Izquierda Hundida) vén de sacar da manga unha refundación na que a esquerda di ser protagonista. Dende unha visión de política global, poderíamos considerar a proposta como afortunada, incluso necesaria, debido á deriva ideolóxica patente nos partidos maioritarios, e non tanto. Entendo que fartos de caer en picado nos resultados electorais dos últimos lustros, en IH confían nun achegamento aos partidos minoritarios e de esquerdas, ansiosos á súa vez por considerarse alternativa, malia que sexan nacionalistas e defendan a existencia dunha República Galega. Os que, pola súa banda, cansos xa de ser unha minoría entre as minorías, ven a oportunidade de sacarlle brillo ás súas galas, sen luxar en exceso as mans.

O que me preocupa non é, nin podería ser nunca, que se busque a maneira de afrontar a situación actual dende unha perspectiva de esquerda, senón o respecto desa esquerda polas diferenzas palpables entre unha visión de defensa da diversidade no actual estado plurinacional, e unha visión imperialista, dun partido español de España, nación única e indivisible.

Ao contrario que Yolanda Díaz, eu non considero que as persoas que renegan do BNG, atopen na súa refundación de República Española a alternativa a unha fronte de Reconversión Socialdemócrata.