Ética xornalística

Onte foi un día de viños e unha noite do mesmo. Polo que nos permitimos a licencia de falar de máis, e non sempre con sentido, e rir de todo para pasar unha boa xornada.
É xa coñecida a asepsia informativa na que vivimos inmersos. Cando non se trata de facer guerra fría contra o socialismo latinoamericano, que está de moda nestes días, cóntanse as novas máis estúpidas, buscando impregnalas dun sensacionalismo que imprima un pouco de interés á morte dunha vaca, ou ao veciño que se queixa por unha fochanca na rúa que dá á súa casa. Neste sentido xurdíu un titular: Tres gallinas lesbianas pierden la cabeza por una zorra. Este titular sería moi propio de calquera folla parroquial, ou o que é o mesmo, de xornais moi centrados no local, como El Progreso, La Región ou mesmo o Faro de Vigo, todos cunha forte inclinación cara a dereita. Tamén se podería tratar dunha nova ofrecida pola Conferencia Episcopal en calquera dos seus medios. Ben, a realidade non se afasta moito do titular. Segundo Antón, iniciador da conversa e máximo contista da velada, aló por Valdeorras, no galiñeiro da súa casa, tres galiñas foron decapitadas por unha raposa que, descuberta polo dono das galiñas, fuxíu sen levar as súas vítimas.

Comentários