andas á procura?

Búsqueda personalizada

sábado, abril 03, 2010

De sectas e alienad@s

Cando os mandatarios dunha secta que posúe unha firme estratura vertical, poñen de moda un dos costumes perdidos dende que a monarquía cedeu parte da súa cota de poder, cómpre sospeitar que a recua de aliend@s, que durante toda esta semana expoñen as súas galas polas rúas do Estado relembrando aqueloutras ligadas as siglas KKK, tomen a iniciativa de levar a pederastia ao grao de tradición? Haberá, logo, que cambiar os protagonistas da caza do raposo, por anxelicais eunucos perseguidos por rubicundos costeleiros?
Son, sen dúbida, preguntas inquietantes, sobre todo se temos en conta que seguimos pertencendo a un imperio no que a relixión e as corridas de touros seguen considerándose as principais mostras de cultura de todo o Estado.

Um comentário:

Manuel L. Rodrigues disse...

Quizabes iso sexa o bo, non cres Alberte? ...para vergonza allea... pois nada teñen que ofrecer. Absolutamente nada.