andas á procura?

Búsqueda personalizada

quinta-feira, abril 29, 2010

sábado, abril 03, 2010

De sectas e alienad@s

Cando os mandatarios dunha secta que posúe unha firme estratura vertical, poñen de moda un dos costumes perdidos dende que a monarquía cedeu parte da súa cota de poder, cómpre sospeitar que a recua de aliend@s, que durante toda esta semana expoñen as súas galas polas rúas do Estado relembrando aqueloutras ligadas as siglas KKK, tomen a iniciativa de levar a pederastia ao grao de tradición? Haberá, logo, que cambiar os protagonistas da caza do raposo, por anxelicais eunucos perseguidos por rubicundos costeleiros?
Son, sen dúbida, preguntas inquietantes, sobre todo se temos en conta que seguimos pertencendo a un imperio no que a relixión e as corridas de touros seguen considerándose as principais mostras de cultura de todo o Estado.

quinta-feira, abril 01, 2010

Ética xornalística

Onte foi un día de viños e unha noite do mesmo. Polo que nos permitimos a licencia de falar de máis, e non sempre con sentido, e rir de todo para pasar unha boa xornada.
É xa coñecida a asepsia informativa na que vivimos inmersos. Cando non se trata de facer guerra fría contra o socialismo latinoamericano, que está de moda nestes días, cóntanse as novas máis estúpidas, buscando impregnalas dun sensacionalismo que imprima un pouco de interés á morte dunha vaca, ou ao veciño que se queixa por unha fochanca na rúa que dá á súa casa. Neste sentido xurdíu un titular: Tres gallinas lesbianas pierden la cabeza por una zorra. Este titular sería moi propio de calquera folla parroquial, ou o que é o mesmo, de xornais moi centrados no local, como El Progreso, La Región ou mesmo o Faro de Vigo, todos cunha forte inclinación cara a dereita. Tamén se podería tratar dunha nova ofrecida pola Conferencia Episcopal en calquera dos seus medios. Ben, a realidade non se afasta moito do titular. Segundo Antón, iniciador da conversa e máximo contista da velada, aló por Valdeorras, no galiñeiro da súa casa, tres galiñas foron decapitadas por unha raposa que, descuberta polo dono das galiñas, fuxíu sen levar as súas vítimas.