Diário de Liberdade

Embarquei na dorna do Diário de Liberdade, agora xa formo parte do elenco de tertulianos e tertulianas que poboan este país, agardo tan só ter algo máis de siso que a maioría dos que se estran na leira dos mass media falando tanto de economía como do divorcio da infanta. No meu caso, falo de algo co que, cando menos, teño algún vínculo, o agro. Dispoño dunha columna, O pasteiro, na que tentarei ir deitando opinións xa non académicas, para o que non sería a persoa máis indicada, senón aqueloutras máis divulgativas, co fin de achegar un pouquiño de luz nun eido descoñecido para moitos e moitas dos que xeracións atrás perderon todo vencello.

Comentários

fgul disse…
Non coñecía o xornal, a verdade.
Haberá que seguilo, en todo caso.

Saudiños!!
Unknown disse…
Paréceme imprescindíbel que haxa xente que fale "do que hai que falar" dende unha perspectiva de esquerda real nos xornais...

Ademais, sendo desinteresadamente tes máis mérito.

Un bico inmenso amor!