privarsi dell’anima comporterebbe una lauta ricompensa

Nestes días, nos que o tempo é pouco e o cansazo abonda, tento non deixar a un lado a Begoña Caamaño e o seu Circe eo pracer do azul. A delicia das páxinas, correspóndese a unha linguaxe coidada e unha historia cargada de sentido.
Sen facer comparacións que non virían ao caso, e desenvolvendo un traballo que nunca pensara en realizar, véxome Ulises renunciando a Ítaca, pero desta volta, por un outro compromiso que nada garda relación cunha Circe, senón coa guerra diaria medida en décadas até a xubilación.
Gosto, con todo, da forma de traballar, da humanidade coa que se impregna cada visita, malia que o fin sexa sempre o mesmo. Gosto do feito de que se recoñezan as dificultades dun sector que agoniza, xa dende sempre, pero que ten dereitos, e necesidades, malia as privacións, que son inherentes á propia produción.
Con todo, son incapaz de ver até onde chega a renuncia (se é que existe).

Si dice che ad ogni rinuncia
corrisponda una contropartita
considerevole, ma l’eccezione alla regola
insidia la norma.

Comentários

Anônimo disse…
O libriño, como dicía Rosa debe ser unha marabilla. A ver cando chega o intercambio, de novo, eh? ;)

Non existe a renuncia. Máis ben, a necesidade de traballar. Estou leda de que che vaia ben no traballo. Ademais é bon que haxa bo ambiente.

Xa sabes,os intervalos da distancia son necesarios para inquirir o leimotiv orixinal dos lenzos nos que saímos nós os dous loitando por liberarnos. Pinto paisaxes esmeraldas por Ons para mandarchas por correo. Interpreto bágoas de Tárrega á guitarra, pero non demouco endexamais. Vémonos de contado. Ámote sempre.

b.a.