andas á procura?

Búsqueda personalizada

quinta-feira, dezembro 31, 2009

Ana Cibeira


Hipnotizada escrebe
a marea que fuxe
tras semellante anxo

voz de afogada
en horizontal pura
diamando sen identificar
o prezo da escuridade

Ana Cibeira, que hoxe mesmo me informa da súa reseña en Foeminas (Revista Virtual de Xénero da Casa da Muller do Concello de Lugo).

Son anos os que nos separan daqueles inicios na Biblioteca Virtual Galega e, desgrazadamente, son anos tamén dende a última vez que coincidimos, nun acto poético na vila de Combarro.
Ana, coa que coñecín a obra de Miriam Reyes, sempre activa e activista, experimentando formatos pouco usuais da cultura, coa que explora a súa visión feminina, madurada cos anos.
Parabéns pola súa obra, intensísima.

Um comentário:

ac disse...

belo, grazas dende a polpa pola entradiña, enorme coma a túa obra, real coma ti! un bico dende lonxe. Ana