Road Movie

Semanas de vellos proxectos que obrigo a saír adiante, de lecturas a medio camiño de todas partes, como na verdadeira road movie, ás voltas co Ultramarinos, co que promete ser un acto multidisciplinar cheo de reivindicación. Despois de Petín e Moaña, aínda un pouco despistado no meu novo emprazamento, pero contento de volver ao mar e ter a oportunidade de pasear de día e de noite co rumor das ondas de banda sonora. E ademais, a grata compaña, xa imprescindible, que me permite ir saíndo adiante nestes tempos de crise, sempre redutible.
Ben, agardo vervos, polo tanto, o día 25 de novembro, sobre as 22 horas, no Pub Ultramarinos de Compos, nun acto poético-musical-visual contra a violencia machista. Vou pasar lista.

Comentários

Anônimo disse…
Ben, estou leda de poder compartirmos o sabor das ondas, de pasear ao teu carón pola miña terra do Morraço e dos actos e proxectos que temos en común.

Os Hemisferios de María do CEbreiro, como as lecturas que ultimamente temos en común, están cubertos de sentimentos fermosos, tamén.

Anímovos a pasar polo Ultramarinos e a loitar, como non, contra a violencia machista.

Un bico.

A.