andas á procura?

Búsqueda personalizada

terça-feira, novembro 24, 2009

o movemento contra corrente

Deste novo proxecto, Road Movie, sempre contra corrente, en malos tempos para a lírica.


sería
mellor gañar a vida
para responder as preguntas dos outros
coas súas mesmas respostas
gañar a vida doutros
cos seus mesmos recursos
vivir a vida doutros
en definitiva
co seu mesmo rostro
o seu mesmo pelo
as súas mans
os ollos afundidos e somnolentos

poderíamos
sen dúbida
convertérmonos noutros
pero non sería igual de divertido
conformámonos con imitalos dende un
escenario
e velos sorrir coas nosas brincadeiras

quarta-feira, novembro 18, 2009

Road Movie

Semanas de vellos proxectos que obrigo a saír adiante, de lecturas a medio camiño de todas partes, como na verdadeira road movie, ás voltas co Ultramarinos, co que promete ser un acto multidisciplinar cheo de reivindicación. Despois de Petín e Moaña, aínda un pouco despistado no meu novo emprazamento, pero contento de volver ao mar e ter a oportunidade de pasear de día e de noite co rumor das ondas de banda sonora. E ademais, a grata compaña, xa imprescindible, que me permite ir saíndo adiante nestes tempos de crise, sempre redutible.
Ben, agardo vervos, polo tanto, o día 25 de novembro, sobre as 22 horas, no Pub Ultramarinos de Compos, nun acto poético-musical-visual contra a violencia machista. Vou pasar lista.

sábado, novembro 07, 2009