por un momento


detéñome por un instante polo feito de tomar unha decisión importante, non sen tempo para recrearme no movemento destes últimos días, pois, como aseveraba Zhou Yu naquel magnífico filme dela e do seu tren, quen viaxa ten a oportunidade de que lle aconteza algo na súa vida. Emocionado aínda pola noite de teatro moañesa, recomendo encarecidamente unha obra magnífica representada pola compañía Lagarta lagarta, O Segredo dos Hoffman. Dunha intensidade tal, quen de manter a tensión nun público entregado xa de por si, mais en vilo por unha interpretación tan real que semellaba máis real que a propia realidade. Pero houbo máis. Lamego deitou nas nosas mans un par de libros. Carlos Pinto Vinagre que nos di: dispersos na linha marginal da vida. Carregados, ansiosos, o mundo aos saltos, no trampolim cosmopolita. Tensões. Os desejos do consumo coroam os sentidos. O complexo da existência. O complexo multidireccional. A Paidéia televisiva. Os jornais encharcados de chuva. Pânico nas bolsas, mercados financieiros aos tombos pela colina. Lápis sem tinta... e a Marilia Estela Guedes que se achega ao Titicaca, para asegurar que o sexo perde-se nos ovários/ o amor ganha-se nos vários tons de azul-serenidade/ do altaneiro Titicaca./ Asim admiramos europeias com incas machos/ ao lado/ em perfis esculpidos de condor/ Nas esplanadas. O contrário aínda nao vi. Mais tarde, como non podía ser doutro xeito, Azucar Glass, atopado ao fin, despois de asegurar a Alfonso que me faría con el. E leo: Sentado fumando o último cigarro/ contemplando a torre e a súa luz non solar./ Xa é tarde. A lúa: á miña dereita,/ deus á miña esquerda/ eu eu/ ad infinitum.
Alberte Suras, cedido para crear un novo verso xunto á compaña que nestes últimos tempos soubo materializar a poesía. Na meixela da noite/ esa ollada primeira/ sen distancias vén a verme. / Esa cativa ollada/ de lucidia brancura/ namorando o tempo./ E este agosto interminable/ con recendo a pobo mariñeiro/ solitario amante queda/ dun leve perfebeo./ Esa cativa luzada/ foi unha ollada de amor eterno.
E moito máis, tamén sobre outras congostras dunha vila mariñeira, cun perfil duplo, que describe un cento de sensacións inesquecibles. Pero tamén Alberto Lema co seu Sidecar, Clarice Lispector, Ánxel Fole, e todo por un momento, extendido ad infinitum. Un momento que non pasa.

Comentários

Unknown disse…
Ohh!

Eu tamén gostei dos libros, da obra, do filo-café de Lamego, e de ti, sobre todo. Sempre.
A nosa cultura conmóvenos, emociónanos e inza os alicerces dun porvir cos latexos do vento ávrego nas terras mariñeiras do Morraço.