andas á procura?

Búsqueda personalizada

segunda-feira, agosto 24, 2009

que te chame o amor

dun agasallo moi especial, sempre en sentido amplo...

Ventura é que te chame o amor un día
e quebres as cadeas e te vaias
con el, que é gran mascato destemido,
moi aberto e potente, que percorre
as distancias máis duras, peregrino.
Que te arrebate coma un vento inmenso,
estrebolín, tormenta, remuíño.

Vaite con el e corre! Se te guía
a espazos antes nunca coñecidos,
deberás entregarte todo enteiro
e serás, claramente, un elixido,
dos poucos paseantes das alturas
da gloria, polas portas do divino

...

Sen sombra e sen amor. Bernardino Graña

2 comentários:

alba disse...

Precioso poema!

"O verdadeiro amor non se coñece polo que esixe, senón polo que ofrece" (X. Benavente)

alberte disse...

malia que, en ocasións, non sexamos quen de apreciar tanto o que somos quen de ofrecer, e ofrecemos realmente, como o que estamos a recibir.
Xustamente para percibir todo do que somos quen hai que deixarse levar por esa ventura.