pertencemos porque efectivamente somos posuídos

Fóra da utópica democracia participativa, na que é posible artellar maneiras de que a poboación defina un novo contrato social, inserímonos nunha pertenza que o é porque nos posúe.
Hoxe erguinme pensando na estupidez da ultradereita oficial, o Partido Popular. Pensei na mudanza do seu pensamento, dende a restauración borbónica. Dende o conservadurismo de portas pechadas, do fascismo franquista, até o neoliberalismo máis extremo, rompendo coa estratexia do Psoe (socialista, obrero o español solamente) daquel tan aclamado 'estado del bienestar', que non era senón unha transición cara o capitalismo, asegurando temporalmente o nada novidoso sistema mixto de goberno, estado-empresa privada, apurando até o último momento unhas garantías sociais mínimas, para facer gala das siglas dun partido vendido ao nacionalismo español.
Nese proceso de cambio, lento como toda mutación dos partidos consevadores, hai dúas máximas indiscutibles que permaneceron e que permanecerán por sempre, ao máis puro estilo do Partido Republicano estadounidense. Esas máximas son, por unha parte, a do nacionalismo español, diferenciado do chauvinismo francés por adoecer dun sentimento retrógrado e involucionista, do que soubo prescindir este último, e por outra banda, a do fundamentalismo católico, o que non resulta estraño ao ser a igrexa, dende sempre, un dos principais poderes facticos nos principais estados do mundo, ao servizo sempre dos poderes represores.
Un dos principais motivos, ao meu parecer, da ausencia case total de evolución dentro das filas da ultradereita oficial, foron xustamente estas dúas máximas irredutibles. Estou certo que se algúns 'intelectuais' e científicos españois non apoian, abertamente, ao PP é xustamente por non asumir esas dúas rancias premisas. Estou certo de que tipos como Sabater, hoxe en UPeyDeiros, asumirían sen problemas formar parte das filas do Partido Popular, senón fose porque, segundo a estratexia actual da dereita española, o PP deterioraría a súa imaxe de filósofo, pensador, moderno e independente. Por outra banda, as teses deste tipo de individuos, non distan moito da actual forma de ver as cousas da dereita máis rancia.
Mais, con todo, non descarto que nun futuro non moi afastado, forzas como as que hoxe representan unha nova dereita 'sen ideoloxía' sexan o soporte electoral do Partido Popular, por medio de acordos, bipartidos ou mesmo fusións.

Comentários