andas á procura?

Búsqueda personalizada

quarta-feira, maio 06, 2009

aromas de artificio


O que resulta case un título para un libro de poemas, non e máis que a primavera. Sempre adoecín polos aromas, polos cheiros que acompañan o bo tempo. Na cidade eses aromas tradúcense na loción Nivea para peles secas, o perfume Anaïs Anaïs, sempre de Cacharel (preferido de Susana, que lembrarei, entre outras cousas, polo gusto por esa fragancia)... Dou en camiñar, absorto, volvéndome con cada cheiro particular, posiblemente descoñecido. A Fendi, con cheiro forte, como a resina, a Nenuco expremida até nas partes impúdicas. E as cremas anti-engurras, Olay Total effects, ou aqueloutra da que xa non lembro o nome, sempre exudadas da pel húmida de suor, e a calor a bater no rostro e este supurando todo tipo de substancias alleas, fragancias que se mesturan coa atmósfera e chegan a min, que escoito, xermolando vizoso nun mar de N-P-K, sempre químico, sempre artificial, sempre fermoso, un vulgar aquel que fala de nós, dos nosos medos, do noso eu máis íntimo, ese que nos descrebe como un nós de centro comercial ou un nós elitista, sibarita, igualmente vulgar e cheo de medos, un nós humano.

2 comentários:

Manuel L. Rodrigues disse...

moi metafísicos estamos ultimamente, eh Alberte?

metafísicos ou metancólicos...

alberte disse...

sufrindo o proceso da madurez, que cada un vai aceptando como pode. Ben renunciando aos ideais ou asumindo a pobre existencia humana, segundo os valores cristiáns.Eu, que até o de agora renunciara a ese tipo de madurez, véxome na obriga de lidiar con ela a diario, o que, lonxe de deixarme indiferente, envelena aínda máis, de ser posible, o meu xa contaminado humor.

Arquivo do blog