17 de maio, máis letras que nunca

cando menos cincuenta mil persoas en Compostela dixéronlle á ultradereita que o galego pensa permanecer na Galiza aínda unhas cantas décadas máis, malia a oposición de todo o españolismo. Baixo o protagonismo da choiva, comezou algo máis que unha procesión, moito máis que unha procesión cara a Quintana, unha marcha na reafirmación dunha identidade denoso. Fronte a crispación xerada despois do conflito lingüístico, alimentado pola raiba incontible de catro nacionalistas, españois, que viron a oportunidade de facer oposición creando debates inexistentes, houbo unha marea que reivindicou unha causa común, a diversidade, o ecoloxismo lingüístico, a natureza irredutible do pobo galego.
despois, Bertamiráns, recital, con vellas e novas amizades, por unha outra causa, a poesía como arma, como ferramenta de defensa contra as agresións feixistas, as do capital, cara unha vitoria segura, cando menos durante a lectura, da razón, da intelixencia.
Aledáronme estas letras, este día das letras, a vontade común de seguir camiñando, fronte ao derrotismo dos acontecementos. Aledoume a ilusión, a maxia de ver o que hoxe vin, sobre todo cando xa perdera moita da miña esperanza.

Comentários