andas á procura?

Búsqueda personalizada

domingo, maio 31, 2009

pertencemos porque efectivamente somos posuídos

Fóra da utópica democracia participativa, na que é posible artellar maneiras de que a poboación defina un novo contrato social, inserímonos nunha pertenza que o é porque nos posúe.
Hoxe erguinme pensando na estupidez da ultradereita oficial, o Partido Popular. Pensei na mudanza do seu pensamento, dende a restauración borbónica. Dende o conservadurismo de portas pechadas, do fascismo franquista, até o neoliberalismo máis extremo, rompendo coa estratexia do Psoe (socialista, obrero o español solamente) daquel tan aclamado 'estado del bienestar', que non era senón unha transición cara o capitalismo, asegurando temporalmente o nada novidoso sistema mixto de goberno, estado-empresa privada, apurando até o último momento unhas garantías sociais mínimas, para facer gala das siglas dun partido vendido ao nacionalismo español.
Nese proceso de cambio, lento como toda mutación dos partidos consevadores, hai dúas máximas indiscutibles que permaneceron e que permanecerán por sempre, ao máis puro estilo do Partido Republicano estadounidense. Esas máximas son, por unha parte, a do nacionalismo español, diferenciado do chauvinismo francés por adoecer dun sentimento retrógrado e involucionista, do que soubo prescindir este último, e por outra banda, a do fundamentalismo católico, o que non resulta estraño ao ser a igrexa, dende sempre, un dos principais poderes facticos nos principais estados do mundo, ao servizo sempre dos poderes represores.
Un dos principais motivos, ao meu parecer, da ausencia case total de evolución dentro das filas da ultradereita oficial, foron xustamente estas dúas máximas irredutibles. Estou certo que se algúns 'intelectuais' e científicos españois non apoian, abertamente, ao PP é xustamente por non asumir esas dúas rancias premisas. Estou certo de que tipos como Sabater, hoxe en UPeyDeiros, asumirían sen problemas formar parte das filas do Partido Popular, senón fose porque, segundo a estratexia actual da dereita española, o PP deterioraría a súa imaxe de filósofo, pensador, moderno e independente. Por outra banda, as teses deste tipo de individuos, non distan moito da actual forma de ver as cousas da dereita máis rancia.
Mais, con todo, non descarto que nun futuro non moi afastado, forzas como as que hoxe representan unha nova dereita 'sen ideoloxía' sexan o soporte electoral do Partido Popular, por medio de acordos, bipartidos ou mesmo fusións.

terça-feira, maio 26, 2009

Abbiamo sacrificato le bestie


quédome co primeiro verso deste poema porque sinto terme sacrificado a min mesmo, ao instinto máis primario, para satisfacer a necesidade de pertenza, ese contrato social do que non son partícipe, das normas que supón, do que elas negan e que hai de bo nese eu máis íntimo. Sacrificamos á besta para darnos á hipocresía, o sumo pecado, para deixarnos levar pola conciencia que manda, a autocensura, incluso máis que as normas externas. Matamos á besta porque nos lembra esa parte de nós que buscamos ocultar.

domingo, maio 24, 2009

Postura Valentino Rossi

Recoñezo que sempre considerei os retrasos dos avións unha perda de tempo. Mais hai sempre quen saca proveito a estes avatares dun xeito, cando menos en apariencia, produtivo. No caso da imaxe, executivo en postura Valentino Rossi (que para quen non siga o motociclismo, é un piloto de moto GP), confiando o seu lombo en voladizo á forza de compresión soportada polos seus cóbados, que inciden sobre os muslos, firmemente ancorados nas pernas fixadas ao chan. Neste caso, servíu para que eu liberase a tensión de algo máis dunha hora de espera, inventando toda unha historia ao redor da figura deste individuo.
Con todo, non puiden sacar da cabeza, argumentacións que se escoitan camiñando pola rúa, de xente que fala principalmente por non estar calada, e que facían referencia a 'la imposición del gallego'. A tensión que se chega a acumular escoitando as conversas da xente pola rúa é inmensa. Neste caso, debo dicir, brevemente e para que non se me avinagre o estómago, que non me importa o idioma que fale o común dos mortais, malia que preferiría que se asumise o galego dun xeito normal, pero o que si é un dereito dos/as que vivimos en Galiza, e un dereito básico, é o de poder dirixirnos e que se dirixan a nós na nosa lingua nai, en calquera espazo da administración pública, así como que todos os comunidados, que se elaboren dende as distintas administracións, estean redixidos en galego. Esté é un dos dereitos irrenunciables, aos que debemos aspirar como galegos e galegas.

sexta-feira, maio 22, 2009

Filo-Café: A Doença



Filo-Café: A Doença
6 Junho 2009, 21h30
Junta de Freguesia de Espinho
Rua 23, nº 271
Espinho


Além da discussão do tema “A Doença”, das manifestações culturais na forma de performance, poesia, música, pintura, fotografia, etc… será também apresentado o último livro da incomunidade: Moluscos de Mântua” de Carlos Pinto Vinagre.

Informações adicionais e inscrições para participação em http://incomunidade.blogspot.com/

quinta-feira, maio 21, 2009

Siboney



Cando non hai palabras, mellor estar calado. O licor café de sobre mesa ás seis da tarde é case que un suicidio, mais o suicidio feliz. Unha especie de farias suizas, retortas e finiñas, tampouco axudan. Coido ter fumado durante horas, sen chegar até o final.
Agora Siboney, toca un descanso, mais non renuncio a unha segunda volta, máis ben unha cuarta ou..., prefiro non contar. Agardo a túa visita.

segunda-feira, maio 18, 2009

venceredes vós

Por este sábado, porque vencer venceredes vós, pero levades un país de merda.



Un magnífico poema de Darío.

A morte dun xenio

Son poucos os poetas imprescindibles, menos aínda os que permanecerán por sempre. Para min, Benedetti cumpre esas dúas características.

TÁCTICA Y ESTRATEGIA

.
Mi táctica es
mirarte
aprender como sos
quererte como sos
.
mi táctica es
hablarte
y escucharte
construir con palabras
un puente indestructible
.
mi táctica es
quedarme en tu recuerdo
no sé cómo ni sé
con qué pretexto
pero quedarme en vos
.
mi táctica es
ser franco
y saber que sos franca
y que no nos vendamos
simulacros
para que entre los dos
.
no haya telón
ni abismos
.
mi estrategia es
en cambio
más profunda y más
simple
mi estrategia es
que un día cualquiera
no sé cómo ni sé
con qué pretexto
por fin me necesites

recuperando The Sonics






HAVE LOVE, WILL TRAVEL

(Richard Berry)
The Sonics


Wow! Have love, oh baby will travel, ah-ha
Have love, oh babe I will travel
I said if you need a lovin' man, mmm I'll travel

Well, I'll travel from Main to Mexico
Just to find a little girl that loves me so
No matter where, no matter where I'll be
I'm lookin' for a woman that'll satisfy me

Have love, oh baby I will travel, I say yeah-yeah
Have love, oh baby I will travel
I said if you need a lovin' man, mmm I'll travel
(Wow!)

Have love, oh baby I will travel, oh yeah-yeah
Have love, pretty baby I will travel
I said if you need a lovin' man, mmm I'll travel

Well, I might take a boat or I'll take a plane
I might hitchhike or jump a railroad train
You're kind of love drives a man insane
So look for me walkin' just a any old way

Have love, oh baby I will travel, yeah
Have love, pretty baby will travel
I said if you need a lovin' man, mmm I'll travel
Oh, I said if you need a lovin' man, oh I'll travel
(Wow!)

domingo, maio 17, 2009

17 de maio, máis letras que nunca

cando menos cincuenta mil persoas en Compostela dixéronlle á ultradereita que o galego pensa permanecer na Galiza aínda unhas cantas décadas máis, malia a oposición de todo o españolismo. Baixo o protagonismo da choiva, comezou algo máis que unha procesión, moito máis que unha procesión cara a Quintana, unha marcha na reafirmación dunha identidade denoso. Fronte a crispación xerada despois do conflito lingüístico, alimentado pola raiba incontible de catro nacionalistas, españois, que viron a oportunidade de facer oposición creando debates inexistentes, houbo unha marea que reivindicou unha causa común, a diversidade, o ecoloxismo lingüístico, a natureza irredutible do pobo galego.
despois, Bertamiráns, recital, con vellas e novas amizades, por unha outra causa, a poesía como arma, como ferramenta de defensa contra as agresións feixistas, as do capital, cara unha vitoria segura, cando menos durante a lectura, da razón, da intelixencia.
Aledáronme estas letras, este día das letras, a vontade común de seguir camiñando, fronte ao derrotismo dos acontecementos. Aledoume a ilusión, a maxia de ver o que hoxe vin, sobre todo cando xa perdera moita da miña esperanza.

sábado, maio 16, 2009

Local Social A Fouce de Bertamiráns coas letras galegas


Mañá, 17 de maio, a partires das 18 horas, haberá un recital poético no Local Social A Fouce de Bertamiráns. Entre outras e outros estaremos Neves Soutelo, Isaac Xubín, Brais González... e eu mesmo, que aproveitarei para ler uns textos d'A crise irredutible.

quinta-feira, maio 14, 2009

17 de maio

segunda-feira, maio 11, 2009

Pizarnik

Es un cerrar los ojos y jurar no abrirlos. En tanto
afuera se alimenten de relojes y de flores nacidas de
la astucia. Pero con los ojos cerrados y un sufrimiento
en verdad demasiado grande pulsamos los espejos
hasta que las palabras olvidadas suenan
mágicamente.
Alejandra Pizarnik


Somos realmente quen de recuperar as palabras esquecidas, as actitudes que crimos respectar sempre e que co tempo, a forza do tedio e a rutina, fomos esquecendo en todos os currunchos do fogar, ese fogar como arma contra todo e contra todos, incluso nós mesmos. Até o de agora, fumos refuxiados da nosa propia guerra, nun fogar que nos illou do mundo.

sábado, maio 09, 2009

Slg versus BNG

Na campaña ás nacionais de marzo, despois de descubrir que o SLG facía campaña pola abstención e o voto nulo, coidei estar asistindo á desvinculación desta organización agraria das estruturas do BNG. Posteriormente, seguindo as evolucións do proceso de 'renovación' desta formación política, sorprendeume ver como os que renegaban, a plana maior do SLG, acodían en masa ás listas presentadas por Beiras.
Despois de prometerme a min mesmo que esquecería esta organización agraria e todo o que tivera que ver coa súa rancia concepción do agrarismo pseudocristiano, chégame un correo coa mensaxe enviada a Galicia Confidencial por un excompañeiro, traballador do SLG. Mensaxe que foi seguida por medio cento de persoas que aportaron a súa, maiormente e salvando excepcións, visión infantil do acontecido e do que acontece no agrarismo galego, nomeadamente o SLG.
Non vou entrar xa, nas pugnas internas que existen efectivamente na formación política, mais si hai un feito obxectivo que coido é o que pretende resaltar este compañeiro, ao enviar a resolución xudicial que falla en contra do SLG e a favor dos/as seus/súas traballadores/as. O feito é que no SLG estábanse a vivir unha condicións próximas á escravitude, con xornadas de traballo interminables, con salarios de miseria absoluta (personal cualificado cobrando 600 euros ao mes) e, por riba de todo, asumindo o desprezo absoluto, con todo tipo de irreverencias, irresponsables, por parte da plana maior.
No momento en que un grupo de traballadores e traballadoras, politicamente implicados, pero maiormente sen filiación algunha, decidimos loitar polos nosos dereitos como traballadores e traballadoras, vímonos inmersos, involuntariamente, nunha pugna que non se correspondía en absoluto coas nosas reivindicacións. Vencellóusenos directamente coa facción crítica, a UPG, e calificóusenos de traidores ao proxecto. Tivemos que aturar presións de todo tipo, illamento e todo tipo de signos de desprezo, o que causou varias baixas por depresión. A maiores, despedimentos irregulares e situacións absurdas, como o da compañeira de Lugo, despedida porque o seu compañeiro, sentimental, era liberado da CIG. Todo baixo a atenta mirada, como non podía ser doutro xeito, de Lidia Senra.
Estas razóns obxectivas, como dicía, parécenme suficiente para apoiar a tese de que , como xa comentei nalgunha ocasión a militantes da UPG e excompañeiros de traballo, cómpre desestimar, para cargos dentro da estrutura do BNG, calquera persoa, e xa non me estou a limitar ao caso de Lidia Senra, cuxa conduta ética sexa algo máis que cuestionable.
Estou certo de que Lidia Senra e demais, cometeron todas esas irregularidades laborais por conservar a idea de sindicato que defendían, mais iso conleva varios problemas, entre eles o da ocultación sistematica de cal era a súa idea de sindicato (lembremos que a maior parte dos apoios recibidos durante o congreso, descoñecían o significado de moitos dos termos que se estaban a debater e que supuñan máximas incuestionables no programa político da candidatura de L. Senra. Aconteceume de casos nos que, unha vez explicado o significado deses termos, rexeitaron absolutamente o ideario do proxecto. Hai que lembrar que moitos dos delegados e delegadas presentados por L. Senra, non asistiron nin ás asembleas nas que foron electos, requerimento indispensable para ser delegado/a). Polo tanto, a idea defendida po Lidia, foi imposta indo en contra de toda visión de democracia. Outro dos problemas que conlevou a postura da visión 'maioritaría', foi que prescindíu dunha parte moi importante da afiliación, polo que actualemente se está a converter nun sindicato sen base social activa. Polo que á miña actual experiencia me di, L. Senra mantén o seu estatus intacto entre persoas e colectivos que nada teñen que ver comundo rual, co agro. As defensas a ultranza que se fan desta muller, correspóndense arestora con persoas que queren crer porque ignoran, dogma de fe. Todos estes problemas, aumentan a dependencia do SLG con España, concretamente con COAG, o que deslexitima moitos dos discursos levados a cabo até o momento, silenciando a voz da Galiza, do agro galego, en manifestacións en España e para España.
Eu, pola miña parte, non teño a visión inocente deste excompañeiro que se dirixe aos medios con tosa esa información, e sei que Beiras é coñecedor da situación laboral do SLG, mais como acontece con outras moitas cousas, para as que non é este o foro máis axeitado para debatir, pouco importan cando o fin está definido e é incuestionable. O fin non é, nin será nunca, a 'renovación' do BNG, senón a pugna interna entre os prexuizos infantís duns e o posibilismo (conprexuizos infantís incluídos) dos outros. Lembremos que o feito por Lidia Senra no SLG foi aprendido nas bases da UPG. Os prexuizos asumidos por ela, en moitos casos derivados de cuestións persoais, son os que hoxe basean a pugna.

sexta-feira, maio 08, 2009

A 'crise' nas librarías


Da man do Consorcio Editorial Galego, chegará, a partires do luns 11 de maio, A crise irredutible, ás librarías do país. Coa culminación deste proceso, difícil e prolongado, comeza un outro, incluso máis longo, de difusión. Sempre coa esperanza de que a mensaxe, neste caso poética, calle entre os ouvidos sensibles. De non ser así, asumirei a responsabilidade do traballo mal feito e recomezarei cun novo proceso de construción, sempre cambiante, sempre evoluíndo, medrando harmonicamente co evoluír e o medrar da sociedade galega. Agora, deixo nas vosas mans as miñas páxinas, unha vez máis, porque confío nelas, pois son eu mesmo.

quarta-feira, maio 06, 2009

aromas de artificio


O que resulta case un título para un libro de poemas, non e máis que a primavera. Sempre adoecín polos aromas, polos cheiros que acompañan o bo tempo. Na cidade eses aromas tradúcense na loción Nivea para peles secas, o perfume Anaïs Anaïs, sempre de Cacharel (preferido de Susana, que lembrarei, entre outras cousas, polo gusto por esa fragancia)... Dou en camiñar, absorto, volvéndome con cada cheiro particular, posiblemente descoñecido. A Fendi, con cheiro forte, como a resina, a Nenuco expremida até nas partes impúdicas. E as cremas anti-engurras, Olay Total effects, ou aqueloutra da que xa non lembro o nome, sempre exudadas da pel húmida de suor, e a calor a bater no rostro e este supurando todo tipo de substancias alleas, fragancias que se mesturan coa atmósfera e chegan a min, que escoito, xermolando vizoso nun mar de N-P-K, sempre químico, sempre artificial, sempre fermoso, un vulgar aquel que fala de nós, dos nosos medos, do noso eu máis íntimo, ese que nos descrebe como un nós de centro comercial ou un nós elitista, sibarita, igualmente vulgar e cheo de medos, un nós humano.

terça-feira, maio 05, 2009

esperta do teu sono fogar de Breogán

Volvo sobre os meus pasos, mais só sobre aqueles que decidira non dar en solitario, para descubrirme vítima da inocencia máis cruel. Inocencia da que eu só son culpable. Por un momento, crin poder superar o pragmatismo que domina o cotiá da nosas existencias, en favor dun sentimento fóra de calquera catalogación banal. Crin poder superar as imposicións sociais, os criterios parciais e tendenciosos cos que xogamos a sobrevivir, crinme lonxe de prexuizos e doutras opinións mundanas. Mais, nestes meses, caín na conta de que todas esas cuestións que, na miña inocencia, buscara afastar da miña realidade persoal, son certamente importantes para o común dos mortais.
Sabéndome tremendamente inxusto, irei aos poucos recuperando a miña vida, desta vez si en solitario, para centrarme nos verdadeiros problemas do meu entorno máis inmediato, que, evidentemente, non pasan por gripe ningunha, como pretenden facernos crer os media. Problemas reais, obxectivos, pois fun xa o bastante egoista para crerme por riba das concepcións, tamén tremendamente obxectivas, que neste caso din que, por unha vez e sen que sirva de precedente, renunciar é a mellor saída. Egoista por tentar, en ocasións inconscientemente, arrastrar comigo e cara a miña visión do mundo, a quen cría e vivía inmersa noutra realidade diferente.
Renuncio, xa que logo, moi ao meu pesar, pois, con todo, os fins eran honestos, sincero o sentimento e inquebrantable a vontade (sen dubidar de que en todo momento existíu reciprocidade tanto nos fins, como no sentimento e na vontade). Mais non podo, nin poderei nunca, ser dono de nada nin de ninguén, pois, por unha banda, a propiedade privada acaba sempre por dominarnos e, pola outra, sigo crendo firmemente nas relacións de igualdade, sen imposicións nin normas que mingüen a capacidade de decisión dos individuos. Decidiron por min, mais tamén para min, e valoro e respecto esa decisión.
Agora, aos poucos, esperto, fogar de Breogan, dun sono do que arestora toca renunciar, mais nunca prescindindo do vivido, pois foi fermoso como non sería quen de describir. Mais sempre un sono do que cómpre espertar.

segunda-feira, maio 04, 2009

Novo disco de Fanny e Alexander


O que comezou no '82 como un filme de Ingmar Bergman, chamado Fanny e Alexander, convértese no día de hoxe na transformación en Alfaias, doeste grupo galego. Sempre se converte en celebración a data na que un grupo galego saca un novo traballo, mais desta volta ten un aquel de especial para min, xa que Fanny e Alenxander utilizaron un poema meu para confeccionar a peza 11 do Alfaias, Mans abertas e ollos pechados.

sexta-feira, maio 01, 2009

non vorrei chiedere ne pretendere per me ciò che le altre hanno preteso e pretendono

Non quixera para ti, tampouco, o que os outros queren e pretenden, porque sería banalizar todo un sentimento. Sería someter o que penso e desexo á vontade doutros, asumindo os erros e prexuízos que nos levaron a renegar do mundo.
Ansío, tamén eu, todo o que os outros non teñen. Manter a distancia e mostrarme feliz se sei que ti o es, e sentir, co tempo, o mesmo desexo da primeira vez.
Non debemos contentarnos con menos, podendo telo todo, pois sería renunciar a unha parte de nós.
De poder, gustaríame mostrarche emocións que nunca creras experimentar e acompañarte no percorrido, descubrindo o teu corpo, a cada instante, sabendo de nós máis, alén de toda fronteira.

Agardo esas nosas 24 horas. Despois, saberei estar presente na distancia, aliviando o peso da vida se é que as miñas palabras son suficientes. Saberei conter cun abrazo o pesar de toda unha existencia, a túa como a de ambos. Saberei conter as bágoas e saberme forte. Saberei chorar sobre a túa pel deshidratada. Saberei mostrarme ao mundo e ocultarme del se así mo pides. Saberei estar e acompañarte, sen que me vexas. Saberei, se sei, pechar o ollos e crer que todo isto é posible.

1º de maio
















Hoxe, 1º de maio, non é un día para a renuncia. É un día para os imprescindibles de Brecht, para nós, homes e mulleres desta terra e vidos doutras, traballadores e traballadoras, para a ausencia de medos, para a asunción do único risco asumible, a defensa dos dereitos fundamentais, os nosos.

Arquivo do blog